"Anzo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 84.

  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Soneira situado ao O da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña (43° 06’ 35’’ N - 9° 02’ 14’’ O). Limita ao N cos concellos de Camariñas (comarca da Terra de Soneira) e Laxe (Bergantiños), ao S cos de Mazaricos (Xallas) e Dumbría (Fisterra), ao L co de Zas (Terra de Soneira) e ao O cos de Camariñas (Terra de Soneira) e Muxía (Fisterra). Abrangue unha extensión de 187,4 km 2 cunha poboación de 8.364 h (2008) distribuída nas parroquias de Baíñas, Bamiro, Berdoias, Calo, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Salto, Serramo, Tines, Treos e Vimianzo. A súa capital é a vila de Vimianzo, na parroquia homónima, e atópase a 63 km de Santiago de Compostela e 69 km da Coruña. Está adscrito á arquidiocesede Santiago de Compostela e ao partido xudicial de Corcubión.
    Xeografía física
    É un concello bastante chan, con sectores de elevacións de escasa importancia, que responden a unha orientación en sentido meridiano,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vimianzo. Construído cara ao s XIII, pertenceu aos Traba e despois aos Moscoso. Foi derrubado en 1467 no trascurso das Guerras Irmandiñas e reedificado da man de Alonso II de Fonseca aínda que despois Lope Sánchez de Moscoso, conde de Altamira, o recuperou en 1472. Pertenceu aos Moscoso ata que o venderon no s XIX aos Martelo. Volveu ás mans da Igrexa de Santiago e pasou finalmente á Deputación Provincial. Acolle no seu interior o Museo do Traxe Galego, e nos meses de verán e en Pascua unha mostra de artesanía en vivo. Adáptase á topografía do terreo e adopta unha planta octogonal, con catro torres, patio de armas, paseo de rolda e outras dependencias. A torre da homenaxe presenta ameas de punta de diamante. Conserva o foso e unha ponte levadiza. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mosteiro de Cascas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés (712-756). De nome Li Long-ji, coñeceuse tamén como Minghuang (emperador iluminado). Retomou a política de expansión a través da Asia Central e conquistou Mongolia, o Sinkiang e o Tíbet. A alianza entre os turcos e os árabes (751) significou, non obstante, a derrota do exército chinés e a decadencia da dinastía tang. A rebelión de An Lushan (755) fíxoo abdicar nun dos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO