"Arón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 124.

  • REXIÓNS

    Rexión fitoxeográfica situada no Atlántico Norte, xunto a Europa e o N de África que comprende catro arquipélagos Canarias, Açores, Madeira e Cabo Verde así como os illotes denominados Salvaxes. Todos os arquipélagos teñen a súa orixe en volcáns oceánicos, xa que nunca estiveron unidos aos continentes senón que xurdiron de erupcións volcánicas. Caracterízase por un elevado número de especies endémicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Macaronesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Discípulo de J. B. Pujol en Barcelona, debutou en 1886 e ampliou estudios en París. Estreou gran parte da suite Iberia de Albéniz. Compuxo a suite sinfónica Impresiones de España, un trío para piano, violín e violoncelo e diversas obras para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal macho que non está capado.

      1. boi marón

        Boi que se emprega como semental.

      2. cocho marón

        Porco que se emprega como semental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Xallas pola esquerda. Nace na parroquia de Mazaricos, no concello homónimo, e desemboca formando o límite natural entre as parroquias de Antes (Mazaricos) e A Pereira (Santa Comba).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mazaricos baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo románico, foi construída no s XII, pero reformada en época barroca (s XVIII). Ten unha soa nave de planta rectangular cunha capela maior de planta cadrada separada da nave central por un arco triunfal de medio punto rebaixado. Destaca o retablo barroco da capela maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á femia do animal que non pode empreñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos maronitas.

      2. Membro dunha comunidade relixiosa cristiá que se estableceu en Líbano, lugar co grupo máis numeroso. O nome deriva dos seguidores de san Marón (ss IV-V), anacoreta de Apamea. Parece que se mantiveron calcedonianos, estrictos e que se diferenciaron tanto dos monotelitas como dos calcedonianos que adoptaron o rito bizantino. Nos ss VIII e IX refuxiáronse en Líbano e Chipre.

    1. Rito litúrxico propio dos maronitas, que consiste nunha variante do rito sirio ou antioquense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máscara con rasgos humanos ou animais aplicada como elemento decorativo, que se difundiu a partir do s XVI e que posteriormente se aplicou na arte manierista.

    2. Figura decorativa, xeralmente policromada, que se coloca na parte alta do exterior da proa debaixo do bauprés. No s XVIII, ao facerse as proas máis estiradas e o bauprés máis caído, apareceron os mascaróns de proa propiamente ditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sala interna e suntuosa de forma rectangular, característica dos palacios cretenses e micénicos. Probablemente fose destinada ás audiencias reais, aos banquetes oficiais ou ás celebracións familiares. No centro adoitaba ter un lar rodeado de catro columnas que sostiñan o tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor polaco. De orixe xudía, o seu primeiro volume de narracións, Rua Palatino; ḥ yamim (Vento de mar, 1950), describe a vida no kibbutz, onde vivira. Co tempo a súa obra converteuse nunha sátira da sociedade israelí moderna. Da súa produción destacan Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ edwa w ani (Hedwa e eu, 1954), Mikre haksil (A caída do simple, 1965), Ha- Palatino; ḥ ay al hamet (O vivente sobre a morte, 1965) e Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ ahayim ha-kzarim (A curta vida, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño de guerra e escritor. Iniciou a carreira náutica aos 13 anos. Participou na loita contra os indíxenas de Mindanao en Filipinas e no combate de Callao en Perú. Foi nomeado secretario de Méndez Núñez e capitán de fragata, xeneral, contraalmirante e comandante en Filipinas durante a Batalla de Cavite (1898). Derrotado, foi suspendido dos seus cargos polo Consejo Supremo de Guerra y Marina de Madrid. Das súas publicacións destacan Manual naútico enciclopédico e León Aldao (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Viveiro, entre a punta de Arnela e O Faro, na parroquia de Faro (Viveiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Narón, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello do comarca de Ferrol, situado ao N da provincia da Coruña e ao NO da Comunidade Autónoma de Galicia ( 43° 30’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Valdoviño (comarca de Ferrol) e co Océano Atlántico, ao S co de Neda (comarca de Ferrol), Ferrol e a ría de Ferrol, ao L co de San Sadurniño (comarca de Ferrol), e ao O co de Ferrol. Abrangue unha superficie de 67 km 2 , cunha poboación de 32.204 h (2001), distribuídos nas parroquias de Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos, O Val e Xubia (Santa María a Maior, San Martiño, San Xosé Obreiro, Santa Icía, Santa Rita, Santiago Apóstolo). A súa capital é a vila de Narón, situada na parroquia homónima, distante 55 km da cidade da Coruña. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    Sitúase nunha área de materiais moi antigos da época paleozoica, graníticos no O e metamórficos no resto. Conta cun relevo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Narón ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Narón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que está situado no límite das parroquias de Camba e Toro (Laza). O seu cumio acada os 1.127 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO