"Arles" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 266.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto e debuxante. Estudiou e debuxou con Robert Adams (1758) as ruínas do palacio de Spalato (actual Split). Foi arquitecto de Catarina II de Rusia (1783) e colaborou con Thomas Jefferson nos EE UU. Contribuíu á valoración da arquitectura da Antigüidade. Foi autor, entre outras obras, do Château Borely (1766), en Marsella, e do palacio do gobernador de Metz (1776-1781).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Logo de formarse en Xenebra, trasladouse a Barcelona en 1923, onde traballou no obradoiro dos Corberó e co ourive Ramón Sunyer. Foi un dos fundadores do Círculo Maillol (1947). Participou do novecentismo tardío e evolucionou cara a formas máis estilizadas que a miúdo se achegaron á abstracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Postulou que a sociedade é un organismo biolóxico no que todas as partes son interdependentes. Distinguiu entre grupos primarios e secundarios, entre os que existe unha cooperación moi estreita. Publicou, entre outras obras, Human Nature and the Social Order (Natureza humana e orde social, 1902), Social Organization (Organización social, 1909) e Social Process (Proceso social, 1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Enxeñeiro militar, dirixiu os traballos de fortificación na Martinica, Rochefort e Cherbourg. Foi membro da Académie des Sciencies (1784). Ao estoupar a Revolución Francesa, abandonou os cargos públicos e militares. A súa obra contén os fundamentos da teoría electrostática e do magnetismo, que máis tarde desenvolvería Poisson dándolle a forma matemática. Estudiou a polarización e a noción de momento magnético e formulou a lei da electrostática, coñecida como lei de Coulomb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Os seus filmes máis destacados son de carácter humorístico. Deles, cómpre salientar The Lavender Hill Mob (1951), The Battle of Sexes (A batalla dos sexos, 1959), The Third Secret (O terceiro segredo, 1963) e A Fish Called Wanda (Un peixe chamado Wanda, 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, marqués de Croix. Participou na Guerra de Sucesión de Austria (1740-1748) e desenvolveu a súa carreira militar en España, onde acadou o grao de tenente xeneral. Foi comandante en Ceuta e en El Puerto de Santa María e capitán xeneral de Galicia (1755-1756 e 1762-1764). Foi vicerrei de México (1766-1771), onde expulsou os xesuítas (1767) e organizou as expedicións de Gaspar de Portolano a California. Regresou á Península Ibérica e foi capitán xeneral de València e Murcia (1777-1785).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, enxeñeiro e fotógrafo francés. Estudiou filosofía, medicina e ciencias naturais. De tendencia presurrealista, os seus poemas recolléronse en Le coffret de Santal (O cofre de sándalo, 1873). Tamén descubriu novidades no campo da fotografía co tratamento indirecto da fotografía en cores. Escribiu Solution générale du problème de la photographie des couleurs (Solución xeral do problema da fotografía das cores, 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e editor. Publicou numerosas obras didácticas escolares que tiveron gran difusión (especialmente un método de lectura e outro de aritmética, ademais dunha Enciclopedia cíclico-pedagógica). Foi o promotor da editorial Dalmau Carles Pla SA que, en 1931, publicou a Biblioteca Pedagògica Catalana para o ensino do catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista inglés fillo de Robert Waring Darwin, médico de prestixio, e neto de Erasmus Darwin, médico e biólogo. É autor da teoría da descendencia modificada por medio da selección natural. En 1825 iniciou os seus estudios de medicina en Edimburgo, pero abandonounos dous anos despois para comezar a carreira de teoloxía en Cambridge. Nesta cidade coñeceu o xeólogo Adam Sedgwick e o botánico John Stevens Henslow, que favoreceron o seu interese pola natureza e asentaron a súa formación científica baseada na importancia das observacións detalladas e na correlación dos feitos para establecer conclusións. En 1831, logo de acadar o título de bachelor of Arts, realizou unha viaxe científica por Gales en compañía de Sedgwick. A lectura da obra do científico e explorador Alexander von Humboldt, espertou o seu interese polas viaxes e, precisamente grazas á influencia de Henslow, o 27 de decembro de 1831 comezou unha viaxe ao redor do mundo a bordo do barco inglés de investigación H. M....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Fillo do tamén pintor Edmé-François Daubigny (1789-1843), estudiou na École des Beaux Arts con Paul Delaroche. Cultivou a paisaxe e relacionouse coa escola de Barbizon, pero o luminismo dos seus cadros achegárono ao impresionismo. Empregou a técnica da augaforte nos seus gravados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor canadense. Discípulo de Bordas na École du Meuble, iniciou a súa andaina artística como pintor, ilustrador e decorador artístico. Realizou esculturas de carácter público. En 1985 recibiu o Premio Paul-Émile Bordas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, compositor e pianista de jazz estadounidense. Coñecido como Cow Cow, tocou xunto a Bessie Smith e formou dúo coa cantante Dora Carr. As súas primeiras gravacións apareceron ao redor do 1927 e entre os seus éxitos destacan Cow Cow Blues, You Rascal You e Mama Dont’ Allow It.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coleccionista e historiador de arte francés. Viaxou por Europa e adquiriu unha importante colección de obras de arte que lle legou ao Musée du Louvre. A súa viaxe por España reflectiuna na obra L’Espagne (1874), ilustrada por Gustave Doré. Escribiu, entre outras obras, Histoire des faïences hispano-moresques à reflets métalliques (Historia das baldosas hispano-mouriscas con reflexos metálicos, 1861), Fortuny, sa vie, son oeuvre, sa correspondance (Fortuny, a súa vida, a súa obra, a súa correspondencia, 1875) e Les arts décoratifs de l’Espagne (As artes decorativas de España, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, empresario e diplomático norteamericano. Foi controlador da moeda no departamento do Tesouro dos EE UU (1897-1901). No ano 1902 fundou e presidiu a Central Trust Company of Illinois. Durante a Primeira Guerra Mundial foi intendente xeral do corpo expedicionario dos EE UU en Francia, e despois da contenda foi nomeado membro da comisión de Reparacións e participou na redacción do Plan Dawes, que reduciu as indemnizacións que Alemaña tiña que pagarlles ás nacions aliadas. Foi elixido vicepresidente dos EE UU (1925-1929) e máis tarde serviu como embaixador en Londres (1929-1932). Entre os seus escritos destacan Notes as Vice President (Notas dun vicepresidente, 1935) e Journal as Ambassador to Great Britain (Diario dun embaixador en Gran Bretaña, 1939). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1925.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. As súas construcións caracterizáronse pola exuberancia decorativa baseada no emprego de grilandas e adornos gregos. Entre outras obras destacan o Hôtel Titon e o Hôtel Giox (París, 1776-1780).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Foi director do observatorio de París. Realizou numerosas investigacións sobre a mecánica do sistema solar, a desigualdade dos períodos lunares e as perturbacións de Urano. Entre as súas obras destacan Sur une nouvelle théorie analytique du mouvement de la Lune (Sobre unha nova teoría analítica do movemento da Lúa, 1846) e Mémoire sur la théorie des marées (Memoria sobre a teoría das mareas, 1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e revolucionario francés. Participou nas revolucións de 1830 e 1848. Deportado durante o Segundo Imperio, retornou en 1860. Durante a Comuna de París foi membro das comisións de relacións exteriores, executiva e de guerra do Comité de Salvación Pública e delegado civil na guerra, onde morreu. Dirixiu o xornal Le Réveil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Estudiou con W. M. Chase na Pennsylvania Academy of Fine Arts. En Europa achegouse ao cubismo e en Nova York coñeceu a M. Duchamp. Foi un dos representantes do precisionismo. Nas súas creacións reflectiu paisaxes urbanas, máquinas e monumentos industriais. Destaca entre as súas obras Vin o número 5 en ouro (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Formado na École des Arts Décoratifs e na École des Beux Arts, foi axudante de Rodin (1907-1912). Seguiu a tradición clásica a través dunhas obras equilibradas e dun dramatismo contido. Foi un dos fundadores do Salon des Tuileries, onde expuxo entre 1923 e 1944. Entre as súas obras destacan Mme. André Derain (1923), Mme. Othon Friesz (1924), Le docteur Sabouraud (O doutor Sabouraud, 1929), Eva (1925), Adolescent (Adolescente, 1929) e Assia (Asia, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Fillo dun funcionario da Mariña, en 1824 encarceraron o seu pai por débedas e el tivo que abandonar a escola e traballar nunha fábrica de betume durante seis meses, experiencia traumática que recreou máis adiante na súa obra. Cursou estudios na Wellington House Academy e posteriormente traballou como pasante nun despacho de avogados. Desde 1830 colaborou en xornais e revistas como The Monthly Magazine ou Morning Herald) e desde 1833 como cronista parlamentario no The Morning Chronicle. En 1837, a redacción dos epígrafes dunha serie de debuxos para os editores Champman e Hall -xermolo de The Posthumous Papers of the Pickwick Club (Os documentos póstumos do Club Pickwick) - convertérono nun autor de éxito. Desde entón, compaxinou a publicación das súas obras por entregas con conferencias e coa organización de espectáculos teatrais nos que interveu ocasionalmente como actor. Fundador do diario Daily News, dirixiu así mesmo o semanario Household Words....

    VER O DETALLE DO TERMO