"Asio" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 96.
-
PERSOEIRO
Escritor colombiano. Formou parte do parlamento colombiano e figurou nas delegacións que foron a México (1921), Perú (1924) e Cuba (1928). Iniciouse como poeta modernista de tendencia parnasiana, que reflectiu nos sonetos inseridos en Tierra de promisión (1921). Publicou unha única e importante novela, La Vorágine (1924). Xunto a Ricardo Güiraldes e Rómulo Gallegos foi un dos iniciadores da novela hispanoamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista e escritor filipino. Coñecido como José Rizal, en 1888 fundou en Hong Kong a Liga Filipina, de signo independentista. Publicou as novelas Noli me tangere (1887), onde denunciaba a tiranía colonial española, e El filibusterismo (1891). Foi fusilado despois de escribir o poema “Adiós a mi patria”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. De nome Lippo di Dalmasio e coñecido como Maso da Bologna, formouse en Boloña e Florencia, onde adquiriu firmeza de debuxo e un certo modo solemne na composición, que incorporou ao seu estilo goticista. Destacan Coronazione della Madonna e Madonna col bambino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da semántica que estuda os significantes ou conceptos dos signos lingüísticos a partir dos seus significados, en oposición á onomasioloxía, que trata dos significantes ou denominacións que se lles poden atribuír aos conceptos ou significados. No proceso de comunicación entre interlocutores, o receptor do signo, nun procedemento semasiolóxico, parte do significante e interprétao para chegar ao significado ou concepto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á semasioloxía.
-
PERSOEIRO
Político e militar, fillo de Antonio Somoza. Coñecido como Tachito Somoza, foi presidente da república de Nicaragua (1967-1972 e 1974-1979). O seu réxime enfrontouse cunha oposición crecente, representada sobre todo polo Frente Sandinista de Liberación Nacional, que o derrotou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político nicaraguano. Coñecido como Tacho Somoza, participou na revolución liberal de 1925. Comandante en xefe da garda nacional (1932), dirixiu a represión contra a guerrilla sandinista (1934). Dirixiu un golpe de estado contra o goberno de Sacasa (1937) e converteuse en presidente da República. Implantou unha ditadura reaccionaria e familiar, que continuou en mans dos seus descendentes. Sucedeuno o seu fillo Luis Somoza Debayle (1922-1967), presidente da república ata 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (784-806). Foi un dos animadores do II Concilio de Nicea, que condenou aos iconoclastas. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Fundou o primeiro obradoiro tipográfico estable de Ferrol (1837). Editou a Historia de Galicia, de Verea e Aguiar (1838) e os xornais El Águila (1845) e El Ferrolano (1846). O seu fillo Nicasio seguiu cos obradoiros e editou os xornais El Eco Ferrolano, El Pensamiento de Galicia e El Diario Ferrolano, ademais de obras de escritores como B. Vicetto ou F. Suárez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Investigou no campo da electricidade e inventou o electróforo (1775). Entre 1776 e 1778 dedicouse á química e descubriu e illou o metano. En 1800, a partir das observacións de Galvani sobre a electricidade animal, construíu a primeira pila eléctrica (pila voltaica).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Gelasius, adaptación do grego Ghelásios, derivado do verbo gheláo ‘rir, sorrir’, co significado de ‘o que sorrí, alegre, ledo’.
-
PERSOEIRO
Papa (492-496). Teólogo, polemizou a favor do Concilio de Calcedonia e do primado romano e en contra do pelaxianismo e do maniqueísmo. A súa festividade celébrase o 21 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1118-1119). De nome Xoán de Gaeta, foi partidario de Pascual II e perseguido pola familia Frangipani e polo Emperador Enrique V que fixo elixir o antipapa Gregorio VIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de etimoloxía escura que podería proceder do xermánico gaira-hwas ou gaira-bald ‘arriscado coa lanza’.
-
PERSOEIRO
Mártir, irmán xemelgo de san Protasio e fillo de san Vidal e santa Valeira. Xunto co seu irmán, vendeu os seus bens e distribuíunos entre os pobres. Convertidos, morreron en tempos de Nerón. Santo Ambrosio atopou os seus corpos en 386. Represéntase co flaxelo e a espada. A súa festividade celébrase o 19 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar destinado a realizar exercicios ximnásticos.