"Atén" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 111.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro Real de Estocolmo, fundado en 1788 polo Rei Gustavo III para a representación de obras de autores suecos. Despois de utilizar diferentes emprazamentos, en 1843 trasladouse a unha sede permanente. En 1907 ocupou o edificio actual, onde mantén abertas varias salas para presentar espectáculos de diverso formato. No seu reperorio habitual figuran os nomes de dramaturgos tan destacados como Henrick Ibsen, August Strindberg, Bertolt Brecht ou Eugene O’Neill, e, entre os seus directores, cómpre subliñar a Per Lindberg, Olof Molander, Alf Sjôberg e Ingmar Bergman.
-
-
Aplícase ás plantas de pouca altura.
-
Aplícase ao terreo estéril ou que se deixa sen cultivar.
-
2guincho.
-
Fouce de mango curto para rozar.
-
-
PERSOEIRO
Papa (136-140). Loitou contra os gnósticos e ditou disposicións para regulamentar a xerarquía sacerdotal, desarticulada tralas persecucións de Traxano e Adriano. Posiblemente sufriu persecución e martirio. Na iconografía viste de pontifical, con sagrado palio e tiara; e leva como atributos un pergamiño despregado con caracteres gregos. A súa festividade celébrase o 11 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de latente.
-
Período de incubación dunha enfermidade.
-
Período de adormecemento das pulsións sexuais que, segundo S. Freud e a psicanálise, comprende aproximadamente dos seis aos dez ou once anos da vida do neno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dado á imaxe latente dunha emulsión fotográfica entre a exposición e o revelado, co fin de reforzala, no caso de que estivese superexposta. Consta basicamente de tres procedementos: baño químico, vapor químico e acción da luz antes do revelado.
-
-
Que permanece oculto e sen manifestarse exteriormente.
-
Aplícase á enfermidade que non se manifesta clinicamente.
-
Significación non consciente do sono. Oponse ao contido manifesto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ácido nucleico formado por unha soa cadea de nucleótidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebracións relixiosas e civís da antiga Atenas en honor de Atenea. Instituídas, segundo a tradición, por Teseo, tiñan lugar no mes de Ἐ êáôïìâå ώ í e remataban o día vinte e oito do mes. Nelas celebrábanse xogos ximnásticos e hípicos, así como competicións poéticas e musicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás festas panateneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pratiño de ouro, prata, metal dourado ou cerámica que serve para conter o pan durante a misa e, eventualmente, para distribuír a comuñón aos fieis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘prato’.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Ferreiros (Paradela). O seu cumio acada os 792 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten as plantas dos pés planas.
-
Que ten as pernas tortas de maneira que ao andar xunta os xeonllos e separa os pés.
-
Que ten as pernas curtas e grosas.
-
Que ao andar pousa o pezuño enteiro no chan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
patentable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode patentar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conceder unha patente.
-
-
Que é evidente, manifesto ou claro.
-
Aplícase ao órgano que forma un ángulo moi aberto co eixe que o soporta.
-
-
Documento expedido por unha autoridade que acredita un dereito, un privilexio ou permiso.
-
Licencia para exercer unha profesión ou un oficio.
-
letra patente
Edito público asinado polo príncipe e cuñado co selo principal sobre unha materia importante.
-
patente de corso /
patente de corso.
-
patente de navegación /
Documento librado polas autoridades da mariña, que autoriza unha embarcación para a navegación. En España, segundo as ordenanzas de matrícula da mariña e as da mariña de guerra do s XVIII, ningún barco podía navegar sen patente, baixo pena de confiscación deste ou da carga. Inicialmente, nas patentes de navegación fixábanse as rutas por onde navegarían os barcos, pero a partir de 1834 serviron para todos os mares. Era necesario levala a bordo e desde 1890 serviron sen limitación de tempo.
-
patente de sanidade
Certificación que tiñan que levar os barcos, en que se facía constar a saúde dos tripulantes e dos pasaxeiros e a existencia de doenzas contaxiosas no porto de partida. As máis antigas que se coñecen son do s XVII e son manuscritas. Librábanas os municipios ou universidades, e desde o inicio do s XIX as xuntas de sanidade. Unha lei do ano 1855 obrigou a que as patentes de sanidade respondesen a un modelo oficial, uniforme para todo o Estado español.
-
-
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Na súa poesía lírica buscou a perfección formal e atacou frecuentemente o romanticismo. Escribiu Ghaselen (Gacelas, 1821), Sonette aus Venedig (Sonetos Venecianos, 1825), Der romanische Oedipus (O romántico Edipo, 1828), onde atacou a Heine, e Geschichten des Königreichs Neapel (Historias do reino de Nápoles, 1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a La Plata ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de La Plata.
-
-
rioplatense.
-