patente
(< lat patente, p pres depatēre ‘estar descuberto’)
-
adx
Que é evidente, manifesto ou claro.
Ex: O seu enfado fíxose patente cando rexeitou a invitación.
-
adx
[BOT]
Aplícase ao órgano que forma un ángulo moi aberto co eixe que o soporta.
-
-
s
f
Documento expedido por unha autoridade que acredita un dereito, un privilexio ou permiso.
-
s
f
Licencia para exercer unha profesión ou un oficio.
-
letra patente
[HIST]
Edito público asinado polo príncipe e cuñado co selo principal sobre unha materia importante.
-
patente de corso /
[HIST/DER]
patente de corso.
-
patente de navegación /
[DER/MAR]
Documento librado polas autoridades da mariña, que autoriza unha embarcación para a navegación. En España, segundo as ordenanzas de matrícula da mariña e as da mariña de guerra do s XVIII, ningún barco podía navegar sen patente, baixo pena de confiscación deste ou da carga. Inicialmente, nas patentes de navegación fixábanse as rutas por onde navegarían os barcos, pero a partir de 1834 serviron para todos os mares. Era necesario levala a bordo e desde 1890 serviron sen limitación de tempo.
-
patente de sanidade
[HIST]
Certificación que tiñan que levar os barcos, en que se facía constar a saúde dos tripulantes e dos pasaxeiros e a existencia de doenzas contaxiosas no porto de partida. As máis antigas que se coñecen son do s XVII e son manuscritas. Librábanas os municipios ou universidades, e desde o inicio do s XIX as xuntas de sanidade. Unha lei do ano 1855 obrigou a que as patentes de sanidade respondesen a un modelo oficial, uniforme para todo o Estado español.
-
s
f
-
-
s
f
Certificado que outorga o Estado polo que se recoñece o dereito a utilizar en exclusiva un invento e comercializar e vender os obxectos fabricados ou a introdución dun procedemento para a fabricación dun produto descoñecido no país.
-
patente europea
Sistema internacional de patentes, con validez para todos os estados asinantes do Convenio de Múnic (1973), que é regulado pola Organización Europea de Patentes. O exame das futuras patentes efectúase na Haia e o rexistro ten lugar en Múnic.
-
s
f