pátera

pátera

(< lat patĕra)

  1. s f [ARQUEOL]

    Prato de pouca fondura, normalmente de metal, empregado na antiga Roma para os sacrificios e as libacións.

  2. s f [ARTE]

    Decoración arquitectónica que consiste nun círculo de follas de acanto de pouco relevo.

  3. s f [ARTE]

    Decoración en rosetón que lembra a forma das páteras romanas.