"Atis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 141.

  • Calidade de hierático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que preconiza a observación e a experimentación razoadas.

    2. Deformación dun dedo que consiste no ancheamento da pulpa da terceira falanxe e o encurvamento da uña cara á cara palmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de innato.

    2. Sistema filosófico que afirma que hai unha serie de ideas, principios e nocións universais que son innatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de falta de consecución dos desexos dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non produce satisfacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non está completo ou cheo.

    2. Que non está contento.

    3. Que non se pagou ou cumpriu o que se debe ou o que se prometera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, creado en 1988 como instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao froito ou ao ovario de septo ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado caracterizado por un aumento excesivo dos tecidos ou órganos linfáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación de rochas ígneas a partir dun magma ou material derretido a unha temperatura elevada. Tendo en conta que nos magmas hai que destacar a materia mineral ou fase sólida, o líquido magmático ou fase líquida, e os elementos volátiles ou fase gasosa, Paul Niggli estableceu tres etapas ou fases na cristalización dun magma. En primeiro lugar está a etapa ortomagmática, durante a que cristalizan os minerais de punto de fusión máis elevado, e producen a masa principal da rocha ígnea. Xa separados estes materiais, queda un líquido magmático rico en elementos volátiles, cunha temperatura relativamente alta e cunha tensión de vapor elevada, o que favorece a súa inxección en gretas; isto constitúe a etapa pegmatítico-pneumatolítica, durante a que cristalizan minerais dun punto de fusión baixo. Finalmente, cando o arrefriamento é xa moi avanzado, queda un líquido residual, que constitúe a etapa hidrotermal, que é unha solución que contén principalmente sílice. Así, o magma vai cambiando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante, gravador e escultor francés. Discípulo de Gustave Moreau, inicialmente traballou seguindo un estilo académico, pero pronto cultivou o impresionismo influído por Cézanne. Orientouse despois cara ao neoimpresionismo (Luxe, calme et volupté, 1904) e cultivou o fauvismo (1905-1908), converténdose no seu principal representante (Portrait à la raie verte, 1905). Simplificou o seu estilo, con grandes pinceladas de cor intensa separadas por trazos negros e liñas arabescas, destacando a súa obra Le bonheur de vivre (1906), pero continuou sempre baixo unha heterodoxia, fiel ao fauvismo. Dúas viaxes a Marrocos (1911-1913) e a atracción polo cubismo levárono cara a novas buscas simplificadoras (Le peintre et son modele, 1916). En 1917 iniciou unha etapa naturalista, de cores claras e luminosas e pintou interiores e a serie das odaliscas, das que destaca L’Odalisque au coffret rouge (1926). Desde 1928 retomou a simplificación, con novos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatística que rexe a distribución dun conxunto de partículas en función dos posibles valores da enerxía tendo en conta os principios da mecánica clásica. Utilizada inicialmente para describir o comportamento dos gases ideais, fallou no caso do gas electrónico dos metais e por iso desenvolvéronse outras estatísticas, como a de Bose-Einstein e a de Fermi-Dirac. Permitiu facer unha interpretación probabilística da entropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación da cor da pel e do pelo a causa da idade ou dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio, de calquera tipo, na composición química global dunha rocha mediante procesos que se producen, fundamentalmente, cando a rocha se atopa no estado sólido. Para explicar o metasomatismo emprégase a teoría que afirma que este cambio está producido pola acción do magma que fai penetrar fluídos magmáticos no seo da rocha orixinal, co que se orixinan as transformacións químicas correspondentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Afianzouse no panorama literario grego coa novela ‘H ή ά (A vida na tumba, 1924 e 1932). Foi unha figura principal na novelística grega moderna, á que deu un lirismo cheo dunha sensibilidade rica e refinada. Foi nomeado académico en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmunidade contra unha medicina, que se adquire pola súa administración previa, primeiro en doses mínimas e despois en doses progresivamente crecentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade ocular que consiste na incapacidade de distinguir as cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘cos cambios necesarios’, ‘coas correccións necesarias’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios, da familia dos miliobátidos, que se caracteriza por ter os ollos en posición lateral e unha cabeza avultada e sobresaínte. A este xénero pertence o chucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga vila de Exipto, situada na beira esquerda do Nilo, a uns 80 km ao SL de Alexandría e preto de Sais. Corresponde ao actual Kawm al- Ǧ u’ayf. Fundárona os milesios cara a 650 a C, e non se desenvolveu plenamente ata o reinado de Amasis (570-526 a C) da dinastía XXVI, que concentrou alí o comercio grego de Exipto. Nectanebo I impuxo unha taxa sobre os mercadores que entraban na vila para favorecer o templo de Neith a Sais. Decaeu a raíz do apoxeo de Alexandría.

    VER O DETALLE DO TERMO