"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PRAIAS

    Praia da costa Atlántica, situada entre Punta Forcados (extremo occidental da serra Pena Forcada), e praia Beira, preto da aldea de Mourín na parroquia e concello de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicechanceler da coroa aragonesa (1562-1581). Foi visitador do estado de Milán e acompañou ao futuro Filipe II de Castela a Flandres (1548). Foi tamén rexente do consello de Aragón, gobernador de Portugal e vicerrei de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arma arreboladiza consistente en diversas bólas, xeralmente de pedra, ligadas con correas por grupos de tres ou catro, que se lanza ao pescozo ou ás patas dun animal para inmobilizalo. É o método tradicional de caza no Chaco, na Pampa arxentina, e entre os araucanos, así como tamén entre os esquimós e os chukchis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer dando voltas por unha pendente

    2. Levantarse fortes ondas na superficie do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade reposteira, consistente nun pan doce cociñado e aromatizado con anís, típico do sur da provincia de Pontevedra, principalmente de Tui e Baiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excremento do gando vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha persoa ou cousa que vai rolando polo chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ás boleiradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista portugués. Organizou un Inquérito lingüístico (1942), que facilitou o estudo dos dialectos portugueses. Foi o fundador da Revista Portuguesa de Filología (1947) e o seu director.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plantas anemocoras, como moitas lamiáceas, nas que o vento, ao facer oscilar os talos ríxidos e elásticos, proxectan as sementes fóra dos froitos, a uns cantos metros de distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exetais que espallan as súas esporas proxectándoas a distancia pola dehiscencia repentina dos órganos que as conteñen (froitos, esporanxios).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo do Calcolítico medio (3.000-2.750 a C) que se espalla por Moravia, Silesia e Bohemia. Caracterízase pola construción de fosos e cavorcos rodeando os poboados, pola incineración como práctica funeraria, por unha cerámica específica -vasillas de boca de funil, copas e picheis con bruñidos metálicos, etc-, pola elaboración de machados de cobre de cubo e planos, e polas súas representacións antropomorfas e zoomorfas -salientando un carro tirado por un par de bois-. Os xacementos tipo deste grupo son o poboado de Brno-Lisen e a necrópole de Pilismarot-Basaharc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baile popular de parellas, típico de Salamanca e Burgos. Execútase ao son da guitarra e consta de catro partes: primera figura, cadena, el puente e la jota.

    2. Baile, variante do bolero, practicado en Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baile dunha ou máis parellas, de orixe popular andaluza, de compás 3/4 e formado por tres partes ou coplas rematadas nunha pausa que fan os bailaríns (el bien parado) mentres a música repite a volta. É moi popular en Mallorca, onde se lle denomina sempre en plural. Orixinariamente se acompañaba de castañolas e guitarra.

    2. Canción e danza tradicionais antillanas de orixe hispánica, de ritmo binario e sincopado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ballet nun acto de Maurice Ravel (París, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de varios soberanos de Polonia: Boleslao I , chamado o Valente (? 965 - 1025). Duque (992-1024) e primeiro Rei de Polonia (1024-1025), foi coroado Rei á morte do Emperador Enrique II, despois de se apoderar de Cracovia, Silesia, Lusacia, Moravia e Bohemia (1003). Boleslao II (? 1039 - ? 1081) Duque (1058-1076) e Rei de Polonia (1076-1079). Fillo e sucesor de Casimiro I. Defendeu ao Papa Gregorio VII na querela das investiduras. Matou ao bispo de Cracovia polo que foi excomungado e deposto polo Papa, refuxiándose en Hungría, onde morreu. Boleslao III chamado Bocatorta (? 1086 - 1138), Duque de Polonia (1102-1138). Rexeitou a invasión de Silesia (1109-1111) por parte do Emperador Enrique V. Tomou Stettin (1122) e someteu Pomerania. Boleslao IV (? 1125 - Cracovia 1173) Duque de Polonia (1146-1173). Fillo de Boleslao II e de Salomé de Berg; duque de Mazovia e Cuiavia, baixo a soberanía do seu medio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de varios duques de Bohemia: Boleslao I chamado o Cruel (? 909 - 967). Duque de Bohemia (936-967). Loitou para evitar a soberanía do Imperio romano-xermánico, pero finalmente a recoñeceu (950). Boleslao II (? - ? 999) Duque de Bohemia (967-999). Uniuse á revolta do duque de Baviera contra os emperadores romano-xermánicos, pero finalmente someteuse a Otón II.

    VER O DETALLE DO TERMO