bolero

bolero

(< cast bolero ‘bailarín’)

  1. s m [ESPECT/MÚS]

    Baile dunha ou máis parellas, de orixe popular andaluza, de compás 3/4 e formado por tres partes ou coplas rematadas nunha pausa que fan os bailaríns (el bien parado) mentres a música repite a volta. É moi popular en Mallorca, onde se lle denomina sempre en plural. Orixinariamente se acompañaba de castañolas e guitarra.

    Ex: Góstame moito bailar boleros.

  2. s m [ESPECT/MÚS]

    Canción e danza tradicionais antillanas de orixe hispánica, de ritmo binario e sincopado.

Palabras veciñas

Boleraz | bolerca | boleres* | bolero | Bolero | Boleslao | Boleslao