Boleraz

Boleraz
[PREHIST]

Grupo do Calcolítico medio (3.000-2.750 a C) que se espalla por Moravia, Silesia e Bohemia. Caracterízase pola construción de fosos e cavorcos rodeando os poboados, pola incineración como práctica funeraria, por unha cerámica específica -vasillas de boca de funil, copas e picheis con bruñidos metálicos, etc-, pola elaboración de machados de cobre de cubo e planos, e polas súas representacións antropomorfas e zoomorfas -salientando un carro tirado por un par de bois-. Os xacementos tipo deste grupo son o poboado de Brno-Lisen e a necrópole de Pilismarot-Basaharc.