"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • Folla do piñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mesía baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formar ou expulsar brume ou outra substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do segundo mes do calendario republicano francés (1792-1806) correspondente ao intervalo do 22 de outubro ao 20 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido purulento, de cor tirando a amarela ou verdosa, que se forma nos focos de infección do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neixarigo doloroso, xeralmente sen cabeza, do que sae brume ou pus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta ruso, especialista do salto de altura. En 1964 foi campión olímpico en Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo noruegués. Foi bispo de Bergen. Escribiu en danés e despois en noruegués, lingua na que creou Einer Tambeskilver (1772), drama nacional de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médica e política. Entre 1965 e 1969 ocupou diversos cargos no ministerio de Sanidade e, entre 1974 e 1979, foi ministra de Medio Ambiente. De 1981 a 1992 asumiu a dirección do grupo parlamentario do Partido Laborista Noruegués. Dende 1981 ata 1996, cando dimitiu do seu cargo, foi primeira ministra en catro ocasións. En 1994 recibiu o Premio Carlomagno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Seguiu o movemento cubista e despois afastouse del. Dedicou atención á composición e ao debuxo. Instalouse en 1916 en Ceret, no Castellàs, onde creou en 1950 o Museu d’Art Moderne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Realizou estudios no Conservatorio de París da man de Jules Massenet. Da súa produción destacan sobre todo as obras escénicas, como Le rêve (O soño, 1891) ou Messidor (1897). Exerceu a crítica musical en diversos periódicos e publicou algúns estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do N da illa de Borneo, na Asia ecuatorial insular (5.765 km2; 315.000 h [estim 1998]). Limita ao N co mar da China Meridional e ao L, S e O con Sarawak, territorio pertencente a Malaisia. Atópase a 5° de latitude N e 115° de lonxitude L. A súa capital é Bandar Seri Begawan.
    Xeografía física

    Relevo e hidrografía
    O sultanato de Brunei comprende unha estreita franxa de territorio ao longo da costa setentrional da illa de Borneo. Practicamente, todo o estado sitúase por baixo dos 500 m de altitude. Tan só no sector SL se acadan altitudes de consideración, cos 1.850 m do Bukit Pagon. En canto á vexetación natural, distínguense dous sectores: unha área de marismas no litoral, e unha área cuberta de bosque no interior. Os ríos que drenan o país verten as súas augas ao mar da China Meridional, o único que baña o seu litoral. Os máis importantes son o Baram e o Limbang, que nacen nas montañas de Gunong Mulu, no límite entre Sarawak...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e arquiveiro. Director do École des Chartes (1930-1954) e membro da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1937). Débense a este editor as obras: Les premiers exemples de l’emploi du provençal dans les chartes (Os primeiros exemplos do emprego do provenzal nas cartas, 1922), Le plus ancien acte original en langue provençale (O acto orixinal máis antigo en provenzal, 1922), Les plus anciennes chartes en langue provençale (As cartas máis antigas en provenzal, 1926-1952) e Bibliographie des manuscrits littéraires en ancien provençal (Bibliografía dos manuscritos literarios en provenzal antigo, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro británico. Dedicouse á construción de pontes e vías para ferrocarrís e proxectou e construíu tres barcos famosos: o Great Western (1838), primeiro barco de vapor que estableceu un servizo regular de travesía do Atlántico, o Great Britain (1845), primeiro transatlántico movido por hélice, e o Great Eastern (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bruneliáceas.

    2. Planta da familia das bruneliáceas.

    3. Familia de rosais integrada polo único xénero Brunellia que engloba unhas corenta especies de plantas leñosas, polo xeral arbustos, propias dos Andes e das montañas das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome do xénero Prunella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Foi, xunto con Donatello e Masaccio, un dos iniciadores do Renacemento. Iniciouse no campo da escultura. En 1401 presentouse ao concurso, gañado por Ghiberti, para as segundas portas do baptisterio de Florencia cun relevo en bronce do sacrificio de Abraham. Despois decantouse pola arquitectura. En 1409 traballou na Torre della Petraia de Florencia e na casa de Apollonio Lapi no Canto de Rici, e realizou unha escultura, o crucifixo de madeira da capela Gondi en Santa Maria Novella. Ao longo do segundo decenio do s XV traballou para a signoria de Florencia como enxeñeiro e construtor de fortificacións. Preocupado pola perspectiva xeométrica, introduciu a arte do renacemento italiano, e en especial a pintura, no camiño do estudo teórico e apriorístico do espacio. Foi o primeiro en empregar un único punto de fuga na representación dos obxectos nunha superficie plana. En 1418 realizou as capelas de Barbadori en Santa Felicita e Rodolfi en San Jacopo Soprano. Proxectou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e educador. Profesor na Universidade de Harvard (1952-1972) e presidente da American Psychological Association (1964). Posteriormente, estableceuse en Inglaterra onde traballa na Universidade de Oxford. Nun principio ocupouse dos problemas de psicoloxía social e a súa relación coa percepción, a aprendizaxe e a linguaxe. Influído por J. Piaget, pola escola soviética e o culturalismo, a súa obra, realizada baixo unha perspectiva empirista, céntrase no campo da cognición, sendo un dos pioneiros no desenvolvemento da psicoloxía cognitiva. Aplicou os seus coñecementos ao terreo da educación destacando a necesidade de entender o proceso educativo como unha totalidade educativa cos procesos psicolóxicos de aprendizaxe do neno, e non unha simple acumulación de materias que se lles presentan aos estudiantes, e tamén subliñou como imprescindible coñecer o funcionamento mental do neno como base para aprenderlle os conceptos. É autor, entre outras obras, de A study of thinking...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador asentado en Santiago de Compostela. Realizou os retablos de San Vicente de Berres (A Estrada, 1591), Santa María de Mourente (Pontevedra, 1595), Santa María de Loxo (Arzúa, 1570) e o da capela de San Xoán de Santa María de Beán (Ordes, 1597).

    VER O DETALLE DO TERMO