"BS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 258.

  • Doutrina segundo a que a presenza de Cristo na Eucaristía non comporta que desaparezan as substancias do pan e do viño. Defendérona Lutero e as igrexas luteranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da substancia dun ser ou dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de consubstancial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Político da educación. Foi secretario de Estado para a Educación e a Cultura durante a presidencia de J. F. Kennedy e despois director da Fundación Ford para o Avance da Educación. No seu informe The World Educational Crisis (A crise educacional mundial, 1968) avaliou as tendencias e cambios que se detectaban nas políticas educativas estatais e destacaba os problemas e tamén as oportunidades ás que había que enfrontarse. Despois foi director (1963-1968) do Instituto Internacional de Planificación Educativa, dependente da UNESCO, vicepresidente do Consello Internacional para o Desenvolvemento Educativo (CIDE) e pertenceu á Comisión Asesora Internacional para a Reforma Educativa Española de 1970. Posteriormente, a petición da UNESCO, elaborou un novo informe, The World Crisis in Education: The View from the Eighties (A crise mundial en educación: unha visión dende os oitenta, 1985), onde se revisaban os cambios mundiais no desenvolvemento educativo dende 1968 e se puña de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba baseada na capacidade dos anticorpos, preparados en animais e dirixidos contra as proteínas do soro humano (fundamentalmente inmunoglobulinas e complemento), para aglutinar os eritrocitos. Cando estas proteínas séricas están unidas á superficie dos eritrocitos chámase proba de Coombs directa. Para comprobar se no soro do paciente hai anticorpos contra eritrocitos doutras persoas, a proba faise poñendo en contacto estes eritrocitos co soro do paciente e recibe o nome de proba de Coombs indirecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político norteamericano. Traballou no ferrocarril como condutor de locomotoras e oficinista. En 1885 foi elixido congresista para o Parlamento de Indiana e converteuse en secretario e tesoureiro da Brotherhood of Locomotive Firemen (1880-1893). Fundou a American Railway Union (ARU, 1893) que acadou un alto número de afiliados. Encarcerado con falsos cargos durante unha folga contra a compañía Western Roads, descubriu o socialismo e, trala saída do cárcere, fundou o Social Democratic Party (Partido Social Democrático, SDP) no 1897. Presentouse ás eleccións presidenciais por primeira vez en 1900 e volveu tentalo en 1904, 1908, 1912 e 1921, anos nos que mellorou os resultados. No 1905 fundou, xunto con outros líderes sindicais, a Industrial Workers of the World (IWW), que naceu coa vontade de opoñerse aos sindicatos conservadores e de unir os traballadores do mundo nunha revolución marxista. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ao servizo militar obrigatorio e foi encarcerado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desobstruír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que serve para desobstruír, especialmente os medicamentos empregados para desfacer unha obstrución no organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que algo deixe de estar obstruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor. Comezou a súa formación na Leyton School of Art e no estudo do escultor W. Reynolds-Stephens. As súas primeiras obras foron pitóricas, pero trala Primeira Guerra Mundial, época na que se alistou nos Artists’ Rifles, dedicouse á escultura. Profesor no Royal College of Art (1946-1953), a súa escultura recibiu a influencia de Maillol. Traballou a pedra e o bronce e cultivou o retrato e os nus femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Estivo influído pola pintura veneciana de Tiziano e por Van Dyck, a quen sucedeu como pintor de cámara de Carlos I de Inglaterra. Durante o exilio do monarca en Oxford (1642-1646), converteuse no retratista da nobreza. Realizou a maioría das súas obras na década de 1640. Entre outras, destacan Endymion Porter (1643?), The artist, sir Charles Cotterell and Balthasar Gerbier (O artista, sir Charles Cotterell e Balthasar Gerbier, 1645), The executioner with the Baptist’s Head (O verdugo coa cabeza do Bautista) e The civil wars of France (As guerras civís en Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Francia, afluente do Saona e o Ródano. Nace nos montes Jura, e serve de fronteira entre Suíza e Francia, ata chegar a Chalon-sur-Saône, onde desemboca, despois dun percorrido de 450 km. É de réxime nivo-fluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Franco-Condado, Francia (5.234 km2; 497.200 h [estim 1997]). A capital é Besançon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectáculo de mimo que se intercala nas obras de teatro como anticipación ou resumo das escenas faladas, que constitúen a acción principal. Foi un recurso dramático frecuente na época Tudor inglesa. Empregouse, por exemplo, en Gorboduc (1561), de Thomas Sackville e Thomas Norton. Desde 1630 perdeu popularidade e rexurdiu máis adiante baixo a forma da pantomima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimestral aparecida en xaneiro de 1975 na Coruña. Dirixida por José L. Vázquez Dequit, tentaba consolidarse como un instrumento máis ao servizo da educación, ofrecendo información e colaboracións de diversos países. Incluíu numerosas reportaxes e artigos relacionados coa educación comparada, os recursos didácticos, a psicoloxía e a socioloxía da educación, a formación do profesorado, a educación especial, as técnicas de traballo nas aulas e a organización escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en Santiago de Compostela en 2002. A Xunta xestora quedou constituída, entre outros, por Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Nemesio Barxa, Laura Bugallo, Marcelo Couñago, Rosa Chapela, Óscar Fernández Refoxo, Gustavo García, Marcial Gondar, Celso López Pazos, Fernando Martínez Randulfe, Afonso Ribas, Xosé Manuel Sarille, Elvira Souto, Elías Torres e Vítor Vaqueiro. O 19 de xullo presentaron en Santiago o seu Manifesto fundacional pola recuperación das liberdades públicas, co fin de facer un chamamento fronte ao recorte das liberdades e contra a pasividade cidadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización europea de investigación e observación astronómica, fundada en 1962 e con sede en Garching (Alemaña). Dispón dunha localización austral, situada a 2.400 m de altura, en La Silla (Chile).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto dramático publicado en 1934 por Antón Villar Ponte, que o presentou como un folk-drama, e que supuxo a concreción literaria de toda unha teoría sobre un teatro nacional. Partiu das achegas realizadas polos dramaturgos angloirlandeses John Millington Synge e William Butler Yeats e da pegada de Ramón María del Valle-Inclán. A peza mostra unha Galicia máxica de entreséculos. Trátase dun dos textos máis interesantes da creación dramática anterior á Guerra Civil, na que agroma con forza unha materia dramática rica e complexa, fortemente asentada na tradición popular galega e onde realismo, simbolismo e expresionismo se mesturan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, fillo do arquiduque Carlos Luís e sobriño do Emperador Francisco Xosé I. Proxectou unha organización trialista que asociara Croacia, Bosnia, Dalmacia e Eslovenia nun estado iugoslavo vinculado a Austria-Hungría e que reforzase a autoridade da monarquía e da Igrexa. O seu asasinato por un nacionalista serbio o día 8 de xuño, preludiou a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da länd da Baixa Saxonia, Alemaña (60.300 h [1990]). Pertence á conurbación de Hannover, no NO da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO