Dobson, William

Dobson, William

Pintor e gravador. Estivo influído pola pintura veneciana de Tiziano e por Van Dyck, a quen sucedeu como pintor de cámara de Carlos I de Inglaterra. Durante o exilio do monarca en Oxford (1642-1646), converteuse no retratista da nobreza. Realizou a maioría das súas obras na década de 1640. Entre outras, destacan Endymion Porter (1643?), The artist, sir Charles Cotterell and Balthasar Gerbier (O artista, sir Charles Cotterell e Balthasar Gerbier, 1645), The executioner with the Baptist’s Head (O verdugo coa cabeza do Bautista) e The civil wars of France (As guerras civís en Francia).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso