"Bade" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 105.

  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ribadeo a partir de abril de 1934. Cesou a finais de 1935. Fundado e dirixido por Etelvino Méndez, incluíu información local, deportiva e colaboracións literarias de Dionisio Gamallo Fierros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que ostentaron tres liñaxes diferentes. A primeira concesión fíxoa o Rei Enrique II en 1369 ao cabaleiro Pierre de Villaines , que chegara a Castela para axudar ao monarca no seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. Daquela as armas do condado foron as da súa liñaxe: en campo de prata tres leóns de sable, armados e lampasados de goles, e engadiu un franco cuartel coas armas de Castela e León. Cando retornou a Francia, vendeu o condado ao condestable Ruy López Dávalos (?-València 1428), que tiña como armas as da súa liñaxe: de azur un castelo de ouro e bordura de goles e prata. O condestable foi privado de Enrique III e apoiou ao seu fillo Xoán II ata que caeu en desgraza. Morreu sen descendencia e o rei concedeu o título en 1431 ao condestable Rodrigo de Villandrando (?-1448) que estivo moi vinculado ás loitas da época e boa parte da súa vida transcorreu en Francia. O seu fillo Pedro de Villadrando y Zúñiga herdou os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto situado na ría de Ribadeo, no límite con Asturias. Posúe instalacións pesqueiras, comerciais e náutico-deportivas, estas na dársena de Porcillán, onde se atopa o Club Náutico. Conta con pantaláns, amarres, combustible, auga, electricidade, efectos navais, rampla de varada, talleres, guindastres e prazas de atraque en pantaláns flotantes. O porto pesqueiro, cunha frota non excesivamente grande pero destacada na pesca de baixura, contou en épocas anteriores con moita maior actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría situada no NL da provincia de Lugo, no N da Comunidade Autónoma de Galicia. Disponse de N a S cunha lonxitude duns 10 km de longo e 800 m de anchura media. A súa orixe é de caracter mixto, cosecuencia dunha falla con dirección N-S sobre a que o río Eo escavou o seu val. A configuración actual da ría responde a unha serie de procesos de escavación e recheo do val. É unha importante paraxe de repouso migratorio e invernación das aves acuáticas europeas. Ten a denominación RAMSAR e forma parte do LIC Río Eo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ribadeo. Realizada en cachotaría e cantaría granítica, é unha reconstrución do antigo convento franciscano do s XIII. Consta de nave central cuberta de bóveda de nervios, capela maior, dúas capelas absidiais e outras laterais. No seu interior destacan os arcos románicos polos que se accede á antiga sala capitular desde o claustro. Na fachada principal salienta a porta gótica do s XIV con columnas e capiteis con decoración vexetal e unha gran fiestra tamén decorada. No centro da fachada sitúase unha torre-campanario gótica, e no lado esquerdo unha portada gótica semellante á principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado na desembocadura do Sella, na costa cantábrica (6.252 h [2001]). De economía agrícola e gandeira, é un porto pesqueiro e turístico. De Arriondas a Ribadesella celébrase o Descenso Internacional do Sella en piraguas. Do seu patrimonio cultural destacan as pinturas rupestres (BIC, 1970) das covas de Tito Bustillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de orixe galega. Foi autor dun Memorial (1674) onde se recolle unha Relación, en prosa, sobre a morte do mariscal Pedro Pardo de Cela, e 54 versos do Cantar del Mariscal, unha das dúas únicas versións que se conservan desta obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fariña necesaria para facer a cantidade de pan que se come nunha semana.

    2. Fornada de pan que se fai para unha semana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (183.788 h [2001]). A súa base económica é a industria, sobre todo a téxtil, a metalúrxica e a química. Outros sectores, relativamente pequenos, son o da madeira, do papel, das artes gráficas e da alimentación. O crecemento demográfico impulsou o da construción. O sector terciario é relativamente importante, a pesar da proximidade con Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • casa do Pacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sabadell ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Sabadell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filántropo e escritor francés. De nome Charles-Irénée Castel, asistiu ao Congreso de Utrecht (1712) e publicou seguidamente Mémoires pour rendre la paix perpétuelle en Europe (1972) e Projet de paix perpétuelle (1713). Morto Luís XIV (1715), criticouno no Discours sur la polysynodie (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya (3.566 h [2001]). Ten agricultura de secaño e a industria téxtil, de tripas de febra para embutidos, metalurxia e cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Trabada ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Trabada.

    VER O DETALLE DO TERMO