Ribadeo, Santa María do Campo de

Ribadeo, Santa María do Campo de

Igrexa parroquial situada en Ribadeo. Realizada en cachotaría e cantaría granítica, é unha reconstrución do antigo convento franciscano do s XIII. Consta de nave central cuberta de bóveda de nervios, capela maior, dúas capelas absidiais e outras laterais. No seu interior destacan os arcos románicos polos que se accede á antiga sala capitular desde o claustro. Na fachada principal salienta a porta gótica do s XIV con columnas e capiteis con decoración vexetal e unha gran fiestra tamén decorada. No centro da fachada sitúase unha torre-campanario gótica, e no lado esquerdo unha portada gótica semellante á principal.