"Bié" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 200.

  • Período que abrangue desde xullo do 1854 ata xullo do 1856, cando, despois do pronunciamento dos xenerais Leopoldo O’Donnell e Domingo Dulce en Vicálvaro (chamado por isto a Vicalvarada), se formou unha coalición de progresistas e liberais moderados, presidida por Espartero e con O’Donnell no ministerio da Guerra. O período caracterizouse pola constante loita entre estas dúas tendencias da coalición. Non obstante , a lexislación progresista que se promulgou, tivo moita trascendencia no desenvolvemento posterior do estado español. Neste período proxectouse unha nova Constitución, unha reforma económica practicamente revolucionaria (Lei de Desamortización Xeral do 1 de maio de 1855), unha importante lexislación económica capaz de relanzar a actividade bancaria (Lei Bancaria do 28 de xaneiro de 1856) e a construción do ferrocarril (Lei do Ferrocarril de xuño de 1855). Tamén se liberalizou o mecanismo electoral coa ampliación das liberdades fundamentais, o que facilitou a cristalización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xarope denso, semellante ao mel, que se elabora con azucre, améndoas moídas, auga, xema de ovo, limón, canela e malvasía, propio das rexións altas da illa de Gran Canaria, sobre todo da aldea de Tejeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés do lago e da cidade de Biel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Badajoz, Extremadura, situado na serra de Bienvenida, ao N de Sierra Morena (2.371 h [1996]). A súa economía baséase nas actividades agrícola e gandeira. As actividades industriais céntranse no subsector alimentario, na transformación dos seus produtos agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de tres xeracións de toureiros que empregaron o pseudónimo do seu avó, o banderilleiro Manuel Mejías Luján , natural de Bienvenida (Badajoz). Manuel Mejías Jiménez (1912 - 1938) e Antonio Mejías Jiménez (Caracas 1922 - Madrid 1975) foron excelentes representantes do toureo clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española do ano 1953 dirixida por Luis G. Berlanga, con guións de J. A. Bardem, Miguel Mihura e do propio Berlanga. Foi interpretada por José Isbert, Manolo Morán, Lolita Sevilla, Alberto Romea e Elvira Quintillá. Os habitantes dunha pequena vila castelá, Villar del Río, reciben a nova da chegada dunha comisión de técnicos e diplomáticos estadounidenses. Ilusionados ante a perspectiva de progreso, os veciños seguen a idea de Manolo de recrear unha vila andaluza como esencia do hispano, para causarlles unha impresión favorable; pero os americanos non se deteñen e as esperanzas dos veciños quedan frustradas. Trátase dunha crítica velada ao abuso de poder e á miseria que caracterizaban á España dos anos 50, tratada coa ironía propia de Miguel Mihura. O filme foi declarado de Interese Nacional e obtivo o premio á Mellor Comedia no festival de Cannes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, crítico e poeta alemán. Dirixiu a revista teatral Freie Bühne. Acadou gran sona coa poesía para cabarét Irrgarten der Liebe (O labirinto do amor, 1901). Publicou tamén novelas, entre elas: Stilpe (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás biercanderáceas.

    2. Fungo da familia das biercanderáceas.

    3. Familia de fungos da orde das poliporais, de cogomelos de carne crebadiza e desprovistos de pé. En Galicia son comúns os xéneros Bjerkandera, Piptoporus e Postia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e narrador norteamericano. É autor de contos nos que, seguindo un modelo humorístico como o de Mark Twain, chega a miúdo ao cinismo e ao sarcasmo. Publicou Tales of soldiers and civilians (Contos de soldados e civís, 1891) e Fantastic fables (Fábulas fantásticas, 1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico alemán. Investigou a evolución e estrutura solares (1931-1939), e dende o 1951 a física dos cometas, dos que tentou averiguar a súa orixe (1977) e relacionalos coa formación do Sistema Solar. Suxeriu que o Sol expele radialmente un plasma que se despraza a gran velocidade, e descubriu así o vento solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cantante. Dos seus discos e textos cómpre mencionar Zu Gast bei Wolfgang Neuss (1965), Chausseestrasse 131 e Die Drahtharfe (A arpa de arame, 1965), o poema Deutschland. Ein Wintermärchen (Alemaña. Un conto de inverno, 1972), a imitación da obra homónima de H. Heine e os volumes Mit Marx-und Engelszungen (Coas linguas de Marx e Engels, 1968) e Preussischer Ikarus (Ícaro prusiano, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anemia non rexenerativa producida por un déficit de vitamina B12. Chámase comunmente anemia perniciosa ou tamén enfermidade de Addison-Biermer. Caracterízase por unha atrofia das células parietais da mucosa do estómago, de orixe inmunitaria, que condiciona a falla de produción do factor intrínseco de Castle, necesario para a absorción intestinal da vitamina B12. A súa recuperación baséase na administración intramuscular desta vitamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na resistencia polaca. En 1933 foi condenado a sete anos de prisión. Foi Presidente da República (1947-1952) e no 1954 pasou a encabezar o comité central do Partido Obreiro Unificado polaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca que se estende ao L da Serra dos Ancares. Limita ao O coas comarcas dos Ancares e de Valdeorras, ao N co Principado de Asturias e coa comarca da Babia (provincia de León), ao L coa comarca da Maragatería (con capital en Astorga e integrada na provincia de León) e ao S coa comarca de La Cabrera (tamén da provincia de León). Despois da división provincial implantada en 1833, quedou adscrita á provincia de León, integrándose na Comunidade Autónoma de Castela e León, ao establecerse esta en 1983 ao abeiro da Constitución Española de 1978. Abrangue un total de 37 concellos: Arganza, Balboa, Barjas, Bembibre, Benuza, Berlanga del Bierzo, Borrenes, Cabañas Raras, Cacabelos, Camponaraya, Candín, Carracedelo, Carucedo, Castropodame, Congosto, Corullón, Cubillos del Sil, Fabero, Folgoso de la Ribera, Igüeña, Molinaseca, Noceda, Oencia, Páramo del Sil, Peranzanes, Ponferrada, Priarazana del Bierzo, Puente de Domingo Flórez, Sancedo, Sobrado, Toreno, Torre del Bierzo, Trabadelo, Vega de Espinareda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De xeito diagonal ou oblicuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos mecanismos, circuítos, dispositivos, etc, que poden presentar soamente dous estados ou dúas posicións estables. Utilízanse, especialmente, para escoller entre situacións de “todo” ou “nada”, “si” ou “non”, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor coruñés. É autor do cadro Santiago a cabalo, realizado para a parroquia de Santiago da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Pontevedra no ano 1858. Da súa impresión fixéronse cargo José Vilas ata finais de 1860 e, máis tarde, Antúnez y Compañía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou na Coruña en 1860. De periodicidade irregular, imprimíase en folio español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Lugo, en decembro de 1861. Cesou a súa edición en 1868. Soto Freire era á vez o seu impresor e redactor. Tiña unha periodicidade irregular e, do mesmo xeito ca outros, estaba impreso en folio español.

    VER O DETALLE DO TERMO