"CIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 142.

    1. Da natureza da cima.

    2. Relativo a unha cima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos individuos que teñen o cabelo ondulado ou crecho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao resultado da fermentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á substancia ou ao microorganismo que causa fermentación.

    2. Precursor inactivo dun enzima capaz de liberalo, polo xeral mediante unha hidrólise, como é o caso do pepsinóxeno, a proelastasa, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicir parvadas ou cousas sen sentido. Ex: Desde que chegamos non parou de cimprar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa alta, desproporcionada e con pouca axilidade.

    2. Persoa de carácter feble e facilmente influenciable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cristián que seguía o costume xudeu de celebrar a Pascua dunha maneira fixa o catorce de Nisán e non o domingo seguinte, de acordo co uso cristián universal. San Policarpo de Esmirna defendeu este uso en Roma perante o Papa Aniceto (154-165). Posteriormente os cuartodecimanos convertéronse en comunidade separada, que permaneceu activa ata o s V.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das dez partes iguais nas que se divide unha unidade, especialmente de medida. OBS: Xeralmente seguido dun complemento con de.

      2. Cada unha das dez partes nas que se divide o segundo.

      3. Cada unha das dez partes do grao na medida da temperatura dun termómetro clínico.

    1. Estrofa composta por dez versos octosílabos con rima consonante, que presenta distintas formas segundo os distintos tipos de verso empregados ou as diferentes combinacións da rima. Entre as máis coñecidas destaca a décima espinela ou décima clásica, chamada así en recordo do seu divulgador Vicente Espinel. Componse de dez versos octosílabos con rima consonante, que segue o esquema abbaaccddc. Foi habitual no Século de Ouro e na poesía da Xeración do 27. A décima afrancesada ten dez versos octosílabos con rima consonante que se organizan segundo a combinación de catro versos con rima cruzada (abab), seguidos dun pareado e doutros catro con rima abrazada (abba). A décima antiga está formada por dez versos con rima consonante divididos en dous grupos de catro e seis versos; ten entre dúas e cinco rimas diferentes, que van abrazadas ou cruzadas no grupo de catro e adoptan combinacións máis variadas no de seis. É unha combinación...

    2. Moeda española de cobre que valía a décima parte dun real, cuñada no último tercio do reinado de Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten como base o número dez.

      1. Aplícase á fracción que ten como denominador unha potencia de dez.

      2. Aplícase á expresión que representa un número fraccionario por medio do seu cociente.

      3. Cada unha das cifras que forman a parte non enteira da expresión dun número fraccionario.

      4. Aplícase ao logaritmo que ten como base o número dez.

      5. Aplícase ao sistema de numeración no que os números se representan como combinacións lineais de potencias de 10. Neste sistema, escribir un número como 1.837 é o mesmo ca a expresión 1·10 3 +8·10 2 +3·10 1 +7·10 0 .

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sinalar ou sacar, xeralmente ao chou, unha cousa ou unha persoa dun conxunto de dez.

      2. Matar ou castigar unha persoa dun conxunto de dez.

    1. Causar algunha guerra, epidemia, fame ou outra fatalidade un grande estrago ou mortaldade entre a poboación (animal ou vexetal).

    2. Pagar o décimo á Igrexa ou ao monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposto medieval indirecto sobre o tráfico de mercadorías que entraban ou saían polos portos de mar. Os seus antecedentes atópanse no tributo romano-visigodo denominado Portorium, e perviviu nos reinos que xurdiron no proceso de Reconquista baixo diversas formas. Nos reinos de León e Castela consistía nun gravame dun décimo do valor das mercadorías que pasaban polos seus portos. En Galicia constituíron un recurso ordinario do fisco rexio, pero dende a Plena Idade Media a facenda real repartiu estes ingresos cos donos dos grandes señoríos membros da alta aristocracia galega, como era o caso do arcebispo de Compostela que percibiu unha parte do imposto nas vilas marítimas do seu señorío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude que equivale á décima parte dun metro.

    2. Medida de superficie que equivale á área dun cadrado que mide un decímetro de lado.

    3. Medida de capacidade que equivale ao volume dun cubo cunha aresta que mide un decímetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número dez nunha serie.

    2. décimo cuarto

      Que ocupa o lugar número catorce nunha serie.

    3. décimo noveno

      Que ocupa o lugar número dezanove nunha serie.

    4. décimo oitavo

      Que ocupa o lugar número dezaoito nunha serie.

    5. décimo primeiro

      Que ocupa o lugar número once nunha serie.

    6. décimo quinto

      Que ocupa o lugar número quince nunha serie.

    7. décimo segundo

      Que ocupa o lugar número doce nunha serie.

    8. décimo sétimo

      Que ocupa o lugar número dezasete nunha serie.

    9. décimo sexto

      Que ocupa o lugar número dezaseis nunha serie.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Serviu como tribuno na cabalería dálmata e dirixiu a I e a IV lexións. Despois da morte de Caracalla (192 d C), gobernou na Britannia durante as loitas polo trono entre Didio Xuliano e Septimio Severo. Foi confirmado no seu cargo cando o Emperador Septimio Severo se instalou en Roma, pero despois da súa partida foi proclamado emperador coa axuda das lexións da Galia e de Hispania, e co apoio dos senadores e da plebe romana. Á súa volta de Oriente, Septimio Severo derrotouno e obrigouno a suicidarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao século XIX.

    2. Que está pasado de moda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desmontar as cimbras dunha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destruír os alicerces ou cimentos sobre os que descansa algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deslucir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia na que os eixes se ramifican de maneira cimosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proba empregada na medicina forense que se practica sobre órganos como os pulmóns, o corazón ou o fígado dunha criatura que se presenta cadáver, co fin de saber se a morte aconteceu antes da saída do corpo da nai ou durante o parto.

    2. Técnica de análise química que se emprega para determinar a composición e a proporción dos compoñentes dun material, como as que levan a determinar a fórmula química dun mineral ou a controis de calidade en materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO