decimal

decimal

(< décimo)

  1. adx

    Que ten como base o número dez.

  2. [MAT]
    1. adx

      Aplícase á fracción que ten como denominador unha potencia de dez.

    2. adx

      Aplícase á expresión que representa un número fraccionario por medio do seu cociente.

    3. adx e s m

      Cada unha das cifras que forman a parte non enteira da expresión dun número fraccionario.

    4. adx

      Aplícase ao logaritmo que ten como base o número dez.

    5. adx

      Aplícase ao sistema de numeración no que os números se representan como combinacións lineais de potencias de 10. Neste sistema, escribir un número como 1.837 é o mesmo ca a expresión 1·10 3 +8·10 2 +3·10 1 +7·10 0 .

Palabras veciñas

decil | decilitro | décima | decimal | decimar | Décimas do Mar | decímetro