"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
PERSOEIRO
Escritora coñecida como Fernán Caballero. Moitos dos seus relatos breves e novelas foron escritos bastantes anos antes da data da súa publicación, a miúdo nunha primeira versión anterior á redacción definitiva, no decurso da década de 1820. Entre a súa produción destacan as novelas La Gaviota (1849), Lágrimas (1850), Clemencia (1852), La familia Alvareda (1856) e Un verano en Bornos (1958); as compilacións de narracións breves, de tipo tradicional, Cuentos y poesías populares andaluces (1959), Cuentos, oraciones, adivinas y refranes populares e infantiles (1874) e literario, Relaciones (1857) e Cuadros de costumbres (1857), xunto cun amplísimo conxunto de cartas das que se publicaron diversos epistolarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infanta de España. Filla de Isabel II, foi princesa de Asturias ata o nacemento de Afonso XII e despois ata o nacemento da súa sobriña María das Mercedes. Era coñecida polo sobrenome da Chata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei consorte de España (1848-1868) polo seu matrimonio con Isabel II. Interveu en política influenciado polo padre Fulgencio e sor Patrocinio; destituíu o goberno de Narváez en 1849. Trala Revolución de 1868 exiliouse a Francia coa Raíña, da que se separou pouco tempo despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre. Segundo príncipe de Conti. Sobriño de Luís II de Borbón-Condé. Combateu nos Países Baixos a partir de 1690. Foi pretendente á coroa de Polonia, renunciando ante a candidatura de Augusto II. Foi comandante en xefe en Flandres e gobernador do Languedoc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Broncista francés. Viviu en Santiago de Compostela, na parroquia da Corticela. Realizou en 1659 as portas laterais da catedral de Ourense, por encargo do seu cabido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Membro da escola de París. Cultivou unha pintura derivada do Cubismo e da independencia fauve entre a liña e a cor. En 1922 formou parte en Madrid do grupo ultraísta. En 1925 instalouse en París. A partir de 1929 achegouse ás buscas do Surrealismo. Evolucionou posteriormente cara a unha dicción sintética e elíptica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, narrador e ensaísta. En 1906 escribiu o seu primeiro relato La visera fatal, inspirado nun episodio do Quixote e un traballo sobre a mitoloxía grega, un ano máis tarde traduciu do inglés El príncipe feliz, de Oscar Wilde. En 1914 trasladouse a Europa e, despois de visitar Londres e París, instalouse en Xenebra e posteriormente en Lugano, onde estudiou o bacharelato. Dende 1919 e ata 1921 residiu en España, primeiro en Mallorca, logo Sevilla e finalmente en Madrid. Nestes anos comezou a publicar poemas e a colaborar na prensa e revistas (Grecia, Ultra, Cervantes, etc), participou no movemento literario altruísta e escribiu en 1919 o seu primeiro artigo na revista suíza La Feuille titulado “Chronique des lettres espagnoles”, reseñando dous traballos de Azorín e de Pío Baroja, e o seu primeiro poema titulado “Al mar”. En 1921 regresou a Bos Aires onde publicou un manifesto ultraísta na revista Nosotros e creou a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Traballou na diocese de Tui no segundo terzo do s XVIII. Consérvanse unha custodia dourada e un cáliz en Santiago de Covelo (Mondariz), e unha cruz na parroquia de Páramos (Tui).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Traballou en Santiago de Compostela entre 1611 e 1629. Asociado co escultor Bartolomé Delgado, realizou en 1611 un retablo para Santa Mariña de Arcos da Condesa. En 1629 fixo para a igrexa parroquial de San Clemente de Sisán (Cambados) un retablo adornado con columnas entorchadas e tres escudos de armas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Emigrado a Bolivia concibiu o proxecto de unir este país co Atlántico, utilizando a corrente do Amazonas. Con este obxecto constituíu unha Compañía que sería a encargada de construír o porto sobre o río Grande ou Marmoré, a canalización deste río, a apertura de varios ferrocarrís, etc. Coa chegada da Guerra do Pacífico, pola que Bolivia perdeu todo o litoral do Pacífico, malogrouse o proxecto. Ademais destas actividades é autor da obra Colección de documentos relativos a la expulsión de los jesuitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante, músico e letrista. Coñecido como Chico Buarque. Despois de residir en São Paulo trasladouse a Italia en 1954, onde comezou a compoñer as súas primeiras cancións. De volta ao Brasil, na década dos sesenta principiaron as súas actuacións e as colaboracións con expoñentes do tropicalismo como Caetano Veloso ou Gilberto Gil. En 1969 exiliouse a Italia para volver ao seu país un ano máis tarde. Da súa discografía destacan os títulos: Chico Buarque de Holanda (1966), Meus caros amigos (1976), Gota d’água (1977), Show 1º de Maio (1980), Almanaque (1981), Paratodos (1993) e Chico ao vivo (1999), entre outros. Na súa faceta literaria publicou as novelas Fazenda modelo (1973), Estorvo (1991), e o libro infantil Chapeuzinho amarelo (1979). Como actor participou nos filmes Garota de Ipanema (1967), Quando o carnaval chegar (1972) e O mandarim (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en diversas publicacións (Tempos, Elipse, Golfiño, Frente Comixario, etc), realizou as ilustracións dos seguintes libros: Contos do paxaro azul (1994), A lenda da cidade asolagada (1995), O dado de lume (1997), O monstro da chuvia (1998) e O laboratorio do Dr. Nogueira (1998), entre outros. Dende 1998 realiza traballos de animación. Recibiu o primeiro premio no concurso nacional de cómics de Getafe (1988 e 1991) e no certame de banda deseñada Xuventude 94.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero, músico e poeta. Recibiu unha esmerada formación musical e chegou a ser violoncelista primeiro da catedral mindoniense. Como poeta tiña unha gran facilidade para versificar e mesmo houbo ocasións nas que conversou en verso, como aconteceu nunha tertulia na que, tomando café cos amigos, escribiu “Oda al Vaticano”. No eido da música deixou algunhas notables composicións, non coleccionadas como La Redención, La España que muere, El Sol del Vaticano e Mi hermosa niña murió.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Adepto ás ideas liberais, colaborou coa administración bonapartista durante a invasión francesa da Península Ibérica, exercendo a partir de 1810 a subprefectura de Almería, e diversos cargos políticos en Granada. Trala restauración da lexitimidade monárquica na persoa de Fernando VII, en 1812 exiliouse a París. Despois da súa volta, no 1819, publicou un periódico denominado Miscelánea de comercio, artes e literarura. En 1822 converteuse en director de El Imparcial. Realizou a negociación dun importante empréstito en París en 1824, onde estableceu contacto con Aguado, a quen dirixiu unha Exposición na que pedía unha serie de reformas moderadas. En 1833 comezou a exercer no ministerio de Fomento, desde o que implantou a división peninsular en provincias, e creou os cargos de subdelegados de fomento (futuros gobernadores civís). Activou a reforma do sistema tributario programado por Ramón de Santillán. En 1846 foi ministro da Gobernación. É autor...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista internacional. Formado na disciplina do Brigantium da súa cidade natal, pasou ao Real Club Deportivo de La Coruña, onde se converteu en profesional. Militou despois no Real Mallorca e no Sevilla Club de Fútbol. As súas actuacións neste último equipo provocaron que o convocase a selección española, coa que acudiu aos Campionatos Mundiais de España 1982, México 1986 e Italia 1990, e ás Eurocopas de Francia 1984 e Alemaña 1988. En 1985 fichou polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo co que acadou seis títulos de Liga, cinco deles consecutivos (entre 1985-1986 e 1989-1990) e outro na tempada 1994-1995, ademais de dous títulos da Copa do Rei. Entre outras distincións individuais, recibiu o Premio Ricardo Zamora en varias edicións, como porteiro menos goleado do campionato de liga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro e diplomático ilustrado, conde de Cabarrús. Á súa iniciativa débese a creación do Banco de San Carlos (1782), o primeiro banco oficial da monarquía, do que foi director; a creación duns vales reais para financiar a guerra con Gran Bretaña (1779-1783) e a formación da Compañía de Filipinas (1785), que monopolizou o comercio con Asia. Foi conselleiro de Facenda con Godoy e, a partir de 1797, como ministro plenipotenciario, realizou diversas misións diplomáticas en Europa a favor do Directorio, entre as que cómpre salientar as conversas de paz franco-británicas de Lille. Así mesmo, foi director da Caixa de Consolidación de Vales creada por Murat en 1808. Ao acceder ao trono Xosé I Bonaparte, foi nomeado ministro de Facenda. Entre outras obras escribiu: Erudición política: despertador sobre el comercio, agricultura y manufacturas, con abisos de buena política (1743), Cartas sobre los obstáculos que la naturaleza, la opinión y las leyes oponen a la felicidad pública (1792-1793), dirixidas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e médico. Colaborador da prensa liberal e republicana no primeiro cuarto do século, a partir de 1916 incorporouse ao movemento galeguista. Publicou o escrito de vindicación político-social Despertad gallegos! (1908), o poemario Versos gallegos: cantigas e cousas da nosa terra (1919), o estudo La Universidad gallega (aportaciones para su autonomía) (1924) e a novela Semprenoiva (1925?).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Dende os seus cargos como reitor do Colexio de Fonseca e membro do claustro universitario compostelán, organizou o Batallón Literario e perseguiu os profesores afrancesados tralo regreso de Fernando VII, de quen obtivo unha pensión vitalicia. Foi fundador de El Sensato, publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela en 1811.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou pedagoxía nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, exerceu como inspector xefe de ensino primario en Lugo. En 1977 foi elixido senador por Lugo na candidatura de Alianza Popular (AP), cargo que renovou nas seguintes lexislaturas. De 1982 a 1986 foi conselleiro de Educación no primeiro goberno galego, presidido por Xerardo Fernández Albor. Dende 1983 é presidente da Deputación de Lugo. No 2000 abandonou a dirección provincial do PP. Foi galardoado coa medalla de ouro da Cruz Vermella e elixido lucense do ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, director e autor teatral. Coñecido artisticamente como Quico Cadaval, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia a mediados da década dos noventa. Comezou a súa andaina no teatro da man do Pequeno Obradoiro, para participar posteriormente en montaxes de O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, de Roland Topor no ano 1987) e do Centro Dramático Galego (Agasallo de sombras, de R. Vidal Bolaño en 1984). Como director puxo en escena: Días sen gloria, de Vidal Bolaño para Teatro do Aquí (1993), Squash, de Ernesto Caballero (1995) ou A voda dos moinantes, de Synge (1996) para a Compañía de María, Como en Irlanda, espectáculo baseado en dous textos de Synge e Antón Villar Ponte para o Centro Dramático Galego (1996) ou Un lunar vermello (con pintiñas azuis), de Pilar Pereira para a Compañía de Pilar Pereira. Tamén é importante o seu papel de adaptador teatral, destacando a versión Memoria...
VER O DETALLE DO TERMO