Bran, Francisco de

Bran, Francisco de

Entallador. Traballou en Santiago de Compostela entre 1611 e 1629. Asociado co escultor Bartolomé Delgado, realizou en 1611 un retablo para Santa Mariña de Arcos da Condesa. En 1629 fixo para a igrexa parroquial de San Clemente de Sisán (Cambados) un retablo adornado con columnas entorchadas e tres escudos de armas.