"Chad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

    1. Ferramenta para cortar coa folla e o mango máis grande ca a machada, que normalmente se agarra coas dúas mans. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina machado, noutras desígnase coa forma feminina machada, e viceversa.

    2. Ferramenta de pedra ou de metal que se utilizaba enmangada, para cortar ou fender. Os máis antigos atopados son do Neolítico, de pedra pulimentada. Nas culturas pertencentes á Idade do Bronce en Occidente, houbo unha evolución tipolóxica con tipos específicos como o machado de alvado ou de cubo, propio no Bronce Final galego, que se caracteriza polo alvéolo no que entra o mango da ferramenta, ou o machado de tope ou talón, da mesma época, diferenciado polos aneis que facilitan a suxeición a un mango.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, cinco machadas de prata, cos mangos de ouro, postas en pau e colocadas en aspa, coas follas cara á destra. Outra variante leva, en campo de goles, tres cunchas de vieira, de ouro, colocadas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Folclorista e escritor. Coñecido como Demófilo, dedicouse ao estudo do folclore, e colaborou e fundou diversas publicacións periódicas, como La Revista de Filosofía y Ciencias, La Enciclopedia e Ilustración Española. Da súa produción destacan De la poesía popular gallega (1880), Analogía y semejanza entre algunas adivinanzas gallegas y castellanas (1881) e Analogía entre algunas cántigas gallegas y otras coplas andaluzas, castellanas y catalanas (1885). Ademais, foi o creador da Biblioteca de las tradiciones populares españolas (1882-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Fundou a Academia Brasileira de Letras (1896), da que foi o seu presidente. Despois dunhas primeiras obras de influencia romántica, a partir de Memórias póstumas de Brás Cubas (1881) amosou unha preocupación pola análise dos caracteres e pola paisaxe física e social de Rio de Janeiro. Foi tamén autor de Papeis avulsos (1882), Quincas Borba (1891), Dom Casmurro (1899) e Essaú e Jacó (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joaquim Machado de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado do Partido Regenerador (1882-1886), foi ministro das Obras Públicas, Comércio e Indústria (1893). Ingresou no Partido Republicano en 1903 e, logo da implantación da república, foi ministro de Asuntos Exteriores no goberno provisional. Designado primeiro ministro (1913), foi elixido presidente da república en 1915 e defendeu a participación de Portugal na Primeira Guerra Mundial. Deposto polo movemento revolucionario de Sidónio Pais, en decembro de 1917, volveu á presidencia entre decembro de 1925 e maio de 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos heroes da independencia de Cuba e presidente do país entre 1925-1933. Durante o primeiro período gobernou de forma democrática para pasar, a partir de 1929, a un réxime ditatorial. En 1933 exiliouse en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Amigo íntimo de Rubén Darío, pertenceu á Xeración do 98. A súa obra constitúe a versión lírica dos temas, da actitude espiritual e da consciencia dos homes que formaron a súa xeración. Estudiou na Institución Libre de Enseñanza, doutorouse en Letras en Madrid e foi catedrático de instituto de Francés. Republicano, exiliouse en xaneiro de 1939. Recibiu a influencia do modernismo hispanoamericano e adscribiuse a unha poesía falta de retórica, e de concepción máis intituitiva ca intelectual. Sistematizou a súa teoría poética cos seus alter ego Juan de Mairena, Abel Martín e outros personaxes apócrifos, identificados con poetas, preceptistas e filósofos. O seu espírito sobrio e austero axiña se identificou coa natureza castelá. Da súa produción destacan Soledades (1903), poemas de carácter modernista, nos que sobresae a emoción do momento e o sentido oculto do que lle rodea, e Campos de Castilla (1912), onde a consideración poética da paisaxe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado na Institución Libre de Enseñanza, na súa estadía en París asimilou elementos simbolistas. As súas primeiras composicións reflectiron o seu interese polo modernismo, abandonado posteriormente, e recuperado en Phoenix (1936). Utilizou unha linguaxe coloquial con raíces no modernismo e no folclore. Destacan as súas obras Alma (1900), de carácter modernista, e Alma, museo y cantares (1907), onde presenta aspectos máis persoais, de ruptura co modernismo e co simbolismo. Sobresaen tamén El mal poema (1909), Cante hondo (1912) e Sevilla y otros poemas (1920). Escribiu obras de teatro co seu irmán, das que sobresaen La Lola se va a los Puertos (1929) e La duquesa de Benamejí (1930). Presenta tamén dúas composicións de temática galega “Evocación“ e “Sinfonía gallega”. Foi membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito. Foi abade de Santo Adrião de Sever e membro fundador da Academia Real da História. Está considerado o pai da bibliografía portuguesa, e a súa obra máis importante é a Biblioteca Lusitana (1741-1758).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de manchar.

    2. Que ten manchas.

    3. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘fabricado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • chado-camítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pechar ou pecharse.

    2. cerrado.

    3. 2 pecho.

    4. Aplícase a un dos sistemas máis tradicionais de tocar a gaita. Este tipo de dixitación é a máis antiga en Galicia e estivo a piques de desaparecer a comezos do s XX. Consiste en desligar unha por unha todas as notas dunha melodía, mediante a combinación de dedos, deixando ao aire só as notas que se queiran facer. O pechado recoñécese, a diferenza do aberto, por un son característico que se produce no paso do movemento dos dedos ao subir e baixar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pecha.

    2. Barra ou dipositivo semellante, xeralmente de ferro ou de madeira, que serve para trancar portas ou ventás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Abades (Baltar). O seu cumio acada os 1.185 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Nespereira (Portomarín). O seu cumio acada os 642 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista. Obtivo a medalla de bronce en K-4 500 m nos campionatos do mundo de Canadá (1997) e Hungría (1998), e nos campionatos de Europa de Bulgaria (1997) e Polonia (2000). Gañou a medalla de prata en K-4 200 m nos campionatos de Europa de Bulgaria (1997) e Croacia (1999), e a medalla de ouro en K-4 200 m e K-4 500 m na Copa do Mundo de Sevilla (1999). Participou nos xogos olímpicos de Barcelona (1992), Atlanta (1996, diploma olímpico) e Sydney (2000). Recibiu o premio Cidade de Pontevedra (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á ave pousada nunha póla, pau ou percha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Dirixiu as obras dos camiños do Reino de Galicia e León e contribuíu á reforma urbanística de Santiago de Compostela. Realizou parte do edificio da Universidade de Santiago de Compostela, as aulas e a biblioteca (1775-1782), xunto con Alberte Ricoy e Xoán López Freire, sobre un deseño de Miguel Ferro Caaveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO