Penas Balchada, Ana María

Penas Balchada, Ana María

Piragüista. Obtivo a medalla de bronce en K-4 500 m nos campionatos do mundo de Canadá (1997) e Hungría (1998), e nos campionatos de Europa de Bulgaria (1997) e Polonia (2000). Gañou a medalla de prata en K-4 200 m nos campionatos de Europa de Bulgaria (1997) e Croacia (1999), e a medalla de ouro en K-4 200 m e K-4 500 m na Copa do Mundo de Sevilla (1999). Participou nos xogos olímpicos de Barcelona (1992), Atlanta (1996, diploma olímpico) e Sydney (2000). Recibiu o premio Cidade de Pontevedra (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra