"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • Procedemento de obtención de segundos viños, consistente en engadir ao bagazo sen prensar unha cantidade de auga (cun contido de 10 a 12 kg de azucre e 200 g de ácido tartárico por 100 litros) igual ás dúas terceiras partes do viño en flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficies que separan os dominios dun material ferromagnético, caracterizados por un valor uniforme da polarización magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador inglés da arte. Especializado no Clasicismo francés, foi profesor en Cambridge, Oxford e Londres. Dirixiu o Instituto Courtauld de Londres (1947-1974) e coidou das coleccións da Coroa, ata que no 1979 se descubriu que traballara para a Unión Soviética durante a Segunda Guerra Mundial, feito que supuxo a fin da súa carreira. Defendeu a implantación da Historia da Arte como disciplina académica. Entre os seus traballos sobresaen: Artistic Theory in Italy 1450-1600 (A teoría das artes en Italia, 1450-1600, 1940), Art and Architecture in France 1500-1700 (Arte e Arquitectura en Francia, 1500-1700, 1953), The Art of William Blake (A arte de William Blake, 1959), Picasso’s Guernica (O Guernica de Picasso, 1969), Guide to Baroque Rome (Guía da Roma Barroca, 1982), Baroque and Rococo Architecture in Naples (Arquitectura barroca e rococó en Nápoles, 1978) e The Drawings of Poussin (Os debuxos de Poussin, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político da República Centroafricana. No ano 1939 ingresou no exército colonial francés. Proclamada a República Centroafricana (1960), no 1965 destituíu a David Dacko e asumiu poderes ditatoriais. En 1976 converteu a República en Imperio Centroafricano, polo que se fixo coroar Emperador en 1977 co nome de Bokassa I. No ano 1979 foi derrocado e refuxiouse na Costa de Marfil. De regreso ao seu país, foi condenado a morte en 1980; encarcerado desde 1986, en 1992 foille conmutada a pena por traballos forzados de por vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anarco-sindicalista interna de periodicidade mensual, editada na Coruña durante a Segunda República polo comité da CRG-CNT. O primeiro número está datado en marzo de 1934 e o derradeiro en maio de 1935, o sexto sufriu unha delongada suspensión logo dos sucesos de outubro de 1934. O seu contido limitouse á reprodución das actas dos plenos, asembleas, estatísticas sindicais, en especial sobre a Confederación Regional Galaica, ou da documentación xerada polas diversas instancias sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu na vila luguesa de Meira en 1910. Esta publicación trataba cuestións agropecuarias, relativas ao mercado gandeiro principalmente, da Federación que unía as Sociedades e Sindicatos agrícolas de Meira, Riotorto e Vilameá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu probablemente nos anos trinta do s XX na cidade da Coruña. Segundo algúns investigadores, foi dirixida por Enrique María Santos Bugallo. A información que contiña referíase ao balance da Federación nos últimos meses e a proxectos inmediatos. Prestaban especial atención á información sobre o gando. Este boletín foi considerado como continuador das revistas Galicia Agraria e Galicia Social Agraria. Publicábase un editorial titulado “Con España y con el caudillo”, xunto cunha serie de slogans de tipo cooperativista e patriótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario da cidade de Tui que viu a luz no ano 1919 baixo a dirección de Antonio Cerviño González. Cesou en agosto do ano seguinte. Entre os seus colaboradores figuraban Vicente Rivadeneira e Martín Lázaro Calvo. As diferentes seccións que conformaban esta publicación eran “Artículos divulgativos”, de temática agrícola e pecuaria, “Legislación”, “Noticias generales”, “Conocimientos útiles” e “Mercados”. A pesar de que a tiraxe era de 800 exemplares, a súa difusión real debeu ser moi escasa. Cando deixou de publicarse este boletín, o xornal La Integridad sacou unha especie de suplemento para dar conta dos acordos da Federación; este saíu por primeira vez o 1 de febreiro de 1921. No ano 1922 iniciouse unha segunda etapa do boletín que, a partir dese momento, sería chamado Boletín de la Federación Católico-Agraria de Tuy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que apareceu en Santiago de Compostela probablemente o 1 de novembro do ano 1918, e desapareceu non antes do mes de febreiro de 1923. Como director figuraba Jacobo Varela Limia e entre os colaboradores estaban o galeguista Rof Codina, Mario Labarta e Nicolás García de los Salmones. As diferentes seccións eran “Editorial”, que contiña información sobre a CNCA e artigos de formación sindical, “Noticias” onde se recollía a información sobre actos dos sindicatos federados, artigos técnicos sobre o gando, enfermidades, coidados das terras ou fertilizado, e unha sección de “Avisos” dirixida aos sindicatos con respecto ás mercancías do almacén cooperativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu en Tui no ano 1922. Este boletín representaba a opinión da extrema dereita agrarista, moi influenciada polo Ordoñismo e polo bispado, nuns anos críticos para o campesiñado da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de inspiración socialista que apareceu editada en Vigo a finais de decembro de 1905. Este boletín serviu de voceiro da importante federación obreira da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu do prelo o día 1 de agosto de 1919 na vila de Mondoñedo. O boletín, de periodicidade quincenal, estaba dirixido por Antonio Maseda Bouso. Como colaboradores figuraban Adalberto Alonso de Llera, Ramón Blanco, Rof Codina e Rivas Moreno. Estaba especializada en temas agrícolas e sindicais, e trataba cuestións técnicas, sobre todo aspectos ideolóxicos e informativos para a revista Acción Social coa que se repartía conxuntamente. O último número coincide coa desaparición da citada revista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual editado pola Federación Regional Española de Sociedades de Resistencia (FRSER). Durante a etapa aragonesa da federación saíron á rúa 5 números. Posteriormente, editarónse dous máis na Coruña, en novembro de 1905 e xaneiro de 1906, cunha tiraxe de 1.000 exemplares. De carácter estritamente interno para as sociedades, nas súas páxinas colaboraron militantes anarcosindicalistas herculinos como Santiago Serrapio, Juan No e Sabino Alfonsín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida na Coruña antes de 1892. De tendencia republicano-federal, contaba con Rodolfo Feijoo Pardiñas como principal redactor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, coñecido como Joan de Paredes. Foi mestre de capela de Las Descalzas Reales, en Madrid (1691-1705), e desde 1706 na Catedral de Toledo. Compuxo música de igrexa e publicou un escrito sobre a Prevención de la ligadura (1694).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e compositor. Viaxou con frecuencia a Europa e máis tarde estableceuse en Marrocos, lugar de residencia que alternaba con Sri Lanka. Traballou como crítico musical e escribiu ballets e unha ópera, The Wind Remains (Os restos do vento, 1941). Con respecto á produción literaria, cómpre destacar que o mundo norteafricano é o escenario máis frecuente das súas obras: The sheltering sky (O ceo protector, 1949), Let it come down (Deixa que chegue abaixo, 1952), The spider’s house (A casa da araña, 1955), Up above the world (Por enriba do mundo, 1967), e a autobiografía Without stopping (Sen parar, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Granada dende 1984 a 1986; neste último ano obtivo a mesma cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, centro no que desempeña o seu labor docente e investigador, e do que foi directora do Servicio de Publicacións (1984-1990). Coordinou, ademais, a revista Verba, Anuario Galego de Filoloxía (1978-1987), foi membro do seu consello de redacción e dirixiu a Revista Galega do Ensino. No eido da lingüística destacan os seus traballos sobre a formación de palabras como a monografía Antónimos latinos y españoles. El prefijo IN (1980) e os centrados especificamente na lingua galega: “Formación y características del gallego”, “La partícula gallego-portuguesa ar/er”, “Aproximación ao estudo das palabras compostas”, etc. Destacable neste ámbito é a súa contribución ao Lexikon der Romanistischen Linguistik (vol II, 1994) con dous...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Influído pola narrativa española e francesa, escribiu farsas populares e comedias. Entre outras obras publicou De klucht van de Koe (A farsa da vaca, 1612) e comedias como Het moortje (O mourisco, 1615) sobre O Eunuco de Terencio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de reactor nuclear, tamén coñecido como reactor rexenerador, no que se producen máis núclidos dos que se consomen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor de orixe flamenga. Activo entre 1381 e 1409. Traballou para Filipe o Ousado, duque de Borgoña, dende 1387. En 1391 recibiu o encargo de realizar as pinturas das táboas posteriores das ás do retablo de Jacques de Baerze na cartuxa de Champmol. Esas pinturas, que representan a Anunciación, a Visitación, a Presentación e a Fuxida a Exipto, realizadas no estilo gótico internacional, son as súas únicas obras coñecidas. Non obstante , supervisou e deseñou numerosas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO