Blunt, Anthony Frederick
Historiador inglés da arte. Especializado no Clasicismo francés, foi profesor en Cambridge, Oxford e Londres. Dirixiu o Instituto Courtauld de Londres (1947-1974) e coidou das coleccións da Coroa, ata que no 1979 se descubriu que traballara para a Unión Soviética durante a Segunda Guerra Mundial, feito que supuxo a fin da súa carreira. Defendeu a implantación da Historia da Arte como disciplina académica. Entre os seus traballos sobresaen: Artistic Theory in Italy 1450-1600 (A teoría das artes en Italia, 1450-1600, 1940), Art and Architecture in France 1500-1700 (Arte e Arquitectura en Francia, 1500-1700, 1953), The Art of William Blake (A arte de William Blake, 1959), Picasso’s Guernica (O Guernica de Picasso, 1969), Guide to Baroque Rome (Guía da Roma Barroca, 1982), Baroque and Rococo Architecture in Naples (Arquitectura barroca e rococó en Nápoles, 1978) e The Drawings of Poussin (Os debuxos de Poussin, 1979).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bornemouth, Hampshire -
Deceso
Lugar : Londres