"Eos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 123.
-
-
Relativo ou pertencente á raza paleosiberiana, aos seus representantes ou ás súas linguas.
-
Individuo da raza paleosiberiana.
-
Raza do grupo xantodermo, de tamaño medio ou baixo, que se caracteriza por ter a pel moi clara, cabelos negros e ausencia de pregaduras palpebrais.
-
Phylum de linguas que falan os paleosiberianos. Inclúe, entre outras, o chukchi, o kamchadal, o koriak, o aleutiano e o kerek.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solo antigo, que se desenvolveu durante un momento calquera da historia xeolóxica e que se conservou ata hoxe, ben como solo relito ou non enterrado, ou ben como solo fósil baixo sedimentos e series estratigráficas. Poden ser subaéreos ou subacuáticos. Os paleosolos estudados pola paleopedoloxía sinalan un momento histórico de instalación da vida, especialmente a vexetal, baixo condicións paleoclimáticas e paleoambientais, que poden ser deducidas do seu estudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame da cavidade peritoneal, insuflada con gas ou aire, mediante un endoscopio introducido a través dunha pequena incisión feita na parede abdominal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estatal venezolana, creada en 1960 para intervir na explotación petrolífera, que pertence a multinacionais estranxeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa petroleira estatal mexicana, creada en 1938 ao ser nacionalizada a produción nacional polo goberno de Lázaro Cárdenas.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de Aquitania (7.645 km2; 600.018 h [1999]). A súa capital é Pau.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de Languedoc-Rosellón (4.116 km2; 392.803 h [1999]). A súa capital é Perpignan.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema orográfico da Península Ibérica que se estende desde a costa cantábrica ata a mediterránea, no límite con Francia. Este sistema montañoso está enmarcado polas depresións do Ebro ao S, e de Aquitania ao N. A súa lonxitude é duns 425 km e a súa anchura en xeral non pasa de 100 km. As grandes unidades estruturais dos Pireneos poden agruparse en tres conxuntos: o baseamento está constituído por terreos do Precámbrico e do Paleozoico, ata o Carbonífero superior; a cobertoira está constituída por zonas mesozoicas e terciarias afectadas polas estruturas de dobramento do ciclo alpino; e os terreos postoroxénicos que comprenden o Neoxeno e o Cuaternario. A partir da distribución cartográfica dos materiais divídense en tres zonas de N a S: a zona N prepirenaica, a zona axial e a zona S prepirenaica. Os Pireneos axiais son unha estrutura creada no Terciario e caracterízanse polos mantos de corremento, pola erosión fluvial, pola tectónica distensiva posterior e, finalmente, polas glaciacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado na Illa dos Faisáns, na desembocadura do río Bidasoa, o 7 de novembro de 1659, entre os representantes de Filipe IV -Luis Méndez de Haro e Pedro Coloma-, e os de Luís XIV de Francia -Mazzarino e Hugues de Lionne-, que puxo fin á contenda iniciada entre eles en 1635, durante a Guerra dos Trinta Anos. Como antecedente tivo lugar a Conferencia de Madrid (1656), infrutuosa, onde Francia manifestou que non renunciaría ao Rosellón se non era a cambio de Navarra. En 1658 retomáronse as conversas e, co Pacto de París como base, iniciouse o acordo definitivo o 13 de agosto de 1659. O tratado estipulaba a cesión de Filipe IV a Francia de diversas poboacións de Flandres, Artois (agás Aire e Saint Omer), Hainaut e, ao S, a cesión do Condado do Rosellón e da metade do Condado de Sardeña. Así mesmo, acordouse o matrimonio de Luís XIV con María Tareixa de Austria, filla de Filipe IV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento da cifra de leucocitos polinucleares.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Montemaior (A Laracha). O seu cumio acada os 535 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serras máis próximas aos Pireneos axiais. Hai un Prepireneo setentrional dentro da conca do Garonne, e un Prepireneo meridional, na do Ebro. A zona de fricción entre ambas as dúas unidades tectónicas está ben desenvolvida entre o Pireneo axial central, onde predominan o granito e as lousas, e o Prepireneo meridional, con formacións calcarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
albumosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebaxeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de radioscopia que utiliza dous tubos de raios X para obter dúas imaxes que dean unha sensación de relevo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio moi alto e con moitos andares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten receo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para pór de manifesto unha corrente eléctrica e observala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao reóstato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato ou dispositivo que consiste nunha resistencia variable que se pode axustar ou regular á vontade. Xeralmente consiste nun condutor en forma de circuíto e un cursor desprazable que permite intercalar máis ou menos espiras. Hai tamén reóstatos líquidos, nos que os eléctrodos poden ser introducidos máis ou menos no electrólito.