"Erdi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 124.
-
PERSOEIRO
Rei de Macedonia. Apoderouse de Macedonia cara ao 729 a C e fundou a dinastía dos arxéadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Macedonia (450?-419 a C), fillo de Alexandre Filheleno. Ao morrer o seu pai, apoderouse de todo o reino loitando contra os seus irmáns. Deixou ao seu fillo Arquelao un reino solidamente constituído.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Macedonia (365-359 a C), fillo de Amintes III. Acadou o trono despois do asasinato de seu irmán Alexandre II. Buscou a axuda dos atenienses, pero estes foron derrotados en Mantinea (362 a C) e retomou a súa política contra Atenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Feito de perderse unha persoa debido a unha paixón, delito, vicio ou outra causa.
-
Dano ou prexuízo moi grave.
-
Causa ou motivo que provoca un grave dano.
-
Aquilo ao que unha persoa non se pode resistir.
-
Condenación eterna.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que tende a perderse.
-
-
de perder ou perderse.
-
Que está moi lonxe ou arredado do camiño principal.
-
De todo, completamente. OBS: Posposto a un adxectivo intensifica o significado deste.
-
Que ou quen vive de forma caótica e indecente.
-
Número de exemplares que se imprimen de máis para suplir os defectuosos.
-
-
-
perdigoto.
-
Cada un dos grans, xeralmente de chumbo, que constitúen a munición dos cartuchos empregados na caza menor. Adoitan ser esféricos e dun diámetro de entre 1,2 e 6 mm, pero tamén poden ser cúbicos ou aplanados, semellantes a unha lentella.
-
-
-
Descarga dunha arma cargada con perdigóns.
-
Ferida causada por tiros de perdigóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
perdigueiro.
-
-
Cría da perdiz.
-
Perdiz macho.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto de pequeno tamaño, de follas oblongas coas marxes revolutas e tomentosas no envés. As flores están agrupadas en cimas, son pentandras, amarelas, e dan froito en cápsula. Pódense localizar en lugares rochosos.
-
-
Aplícase ao can que serve, especialmente, para cazar perdices.
-
Raza de cans de caza, cunha alzada de arredor de 60 cm, o peito amplo e a cabeza robusta, coas orellas grandes e pegadas á cara. Está capacitado como can de mostra e cobrador (tanto en terra como en auga). Pode ser de diversas cores, aínda que adoita presentarse branco con pintas arrubiadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condutancia efectiva dun illador, que constitúe unha medida da calidade do illamento. Nun condensador é a medida das fugas do dieléctrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos fasiánidos, que presentan a plumaxe rubia, e a cola e o peteiro curtos. Pertence a este xénero a perdiz charrela (P. perdix).
-
-
-
Nome que reciben diversas especies de aves dos xéneros Alectoris, Lagopus e Perdix, da familia dos fasiánidos, que presentan as ás e a cola curtas e viven no chan.
-
perdiz charrela [Perdix perdix, Fam dos fasiánidos]
Ave galiforme, de ata 30 cm de lonxitude, que ten a plumaxe gris, coas partes inferiores máis claras, a cabeza rubia e unha mancha de cor castaña escura en forma de ferradura no peito dos machos. Aliméntase fundamentalmente de insectos e bagas. Habita en monte baixo e terras de cultivo de zonas de montaña. Localízase nas montañas do N da Península Ibérica e en toda Europa, agás no S de Francia. En Galicia é moi pouco común, e atópase nas serras orientais en altitudes superiores aos 1.200 m.
-
perdiz nival [cast: perdiz nival; ingl: ptarmigan] [Lagopus mutus, Fam dos fasiánidos]
Ave galiforme, de arredor de 35 cm, cunha plumaxe invernal totalmente branca menos a cola, que é negra. A plumaxe estival é rubia pola parte superior do corpo, co peito e as patas cubertas por plumas brancas. Habita en zonas alpinas, e aliméntase de plantas ericáceas e arandos.
-
perdiz rubia [cast: perdiz común, perdiz roja] [Alectoris rufa, Fam dos fasiánidos]
Ave galiforme que ten unha lonxitude aproximada de entre 33 e 38 cm, cunha cola que pode chegar a medir uns 12 cm aproximadamente. Posúe unha plumaxe conspicua coas partes superiores de cor parda algo vermella e os flancos de cor gris clara con listas castañas; ten unha banda negra que vai desde o pico ata o ollo, que se prolonga por debaixo da gorxa; presenta a parte inferior do pescozo e o peito de cor gris; e ten o peteiro, o anel orbital e as patas vermellas. É unha ave gregaria e sedentaria. Aliméntase principalmente de grans e brotes, ademais de pequenos insectos. O macho é o encargado de facer o niño no chan con vexetación densa, onde a femia pon uns 15 ovos, que incubarán ou ben a femia ou ben ambos, arredor de 24 días. Habita principalmente en lugares pedregosos con monte baixo e campos de cultivo. Localízase na Península Ibérica, ao S de Francia, ao NO de Italia e ao S de Gran Bretaña, así como en puntos de Suíza. Existen dúas subespecies: A. r. hispanica, que cría no...
-
-
Ave ciconiforme, de ata 25 cm de lonxitude, que presenta a plumaxe superior pardenta, a inferior ocre e o ventre branco. Ten a gorxa amarela cunha raia negra que a limita e a cola moi bifurcada, negra coa base branca. Aliméntase fundamentalmente de insectos que captura en voo. Ave gregaria, habita en esteiros, marismas e gándaras. Atópase en Asia central e occidental, ao SL de Europa, e hiberna en África. En Galicia é moi pouco frecuente.
-
-
PERSOEIRO
Xograr, probablemente galego. Integrado no Cancioneiro de Xograres Galegos, estivo activo entre finais do s XIII e inicios do s XIV. Consérvanse cinco cantigas de amigo, en que introduce o tema da saña ou carraxe, en textos con algúns trazos realistas e cunha variación do esquema métrico en todas as composicións. Tres delas, “Assanhou-s’o meu amigo”, “Jurava-mi o meu amigo” e “Sanhudo m’ é meu amigu’ e non sei” localízanse no santuario de Santa Marta, posiblemente Santa Marta de Verdía, en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Investigador e profesor en Cambridge desde 1940, fundou en 1947, xunto a J. C. Kendrew, e presidiu o Medical Research Council Unit for Molecular Biology da Cambridge University. Estudou a estrutura cristalográfica do xeo e da neve. Recibiu o Premio Nobel de Química (1962), xunto con J. C. Kendrew, polo descubrimento da estrutura tridimensional da hemoglobina e da mioglobina, grazas ao perfeccionamento da técnica de difracción dos raios X.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico belga. Ideou un método estroboscópico para o estudo dos movementos vibratorios e inventou o fenaquistoscopio (1832). Estudou os fenómenos capilares das láminas delgadas e diversos fenómenos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Traballou en diversas empresas para as que ideou vehículos como o eléctrico Lohner-Porsche, o automóbil de competición Auto Union, trolebuses e sistemas de transportes mixtos de gasolina e eléctricos, e diversos modelos Mercedes para Daimler e modelos de guerra para Škoda. En 1931 creou a súa propia empresa, Porsche, e en 1934 gañou o concurso para desenvolver o coche para a xente ou Volskswagen, que presentou en 1939 e que foi coñecido como o Escaravello. En 1938 converteuse nun dos directores de Volkswagen GmbH. Durante a Segunda Guerra Mundial proxectou vehículos de guerra e transporte, e á finalización da mesma foi arrestado polas forzas de ocupación francesas e asumiu a dirección da empresa o seu fillo. En 1948 lanzou o primeiro modelo Porsche, o 356.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario automobilístico, fillo de Ferdinand Porsche. Coñecido como Ferry Porsche, dirixiu a empresa familiar ao rematar a Segunda Guerra Mundial e trasladou a fábrica a Gmünd. En 1963 comercializou o modelo Porsche 911, deseñado xunto co seu fillo Ferdinand Alexander Porsche, e que fixo nacer o mito dos automóbiles desta marca.
VER O DETALLE DO TERMO