"Estevo" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 86.

  • Antigo mosteiro situado na illa do Faro ou do Norte, no arquipélago das Illas Cíes. A súa orixe remóntase á doazón da illa que Afonso VII fixo ao mosteiro de San Salvador de Celanova (1152), que á súa vez deixou o privilexio do couto sobre ela ao mosteiro de San Salvador de Coruxo. Tras a reforma beneditina, San Salvador de Celanova cedeuno (1378) ao bispado de Tui, e despois adheriuse á regra franciscana. Debeu sufrir os ataques dos piratas ingleses na metade do s XVI, feito que propiciou a súa decadencia e ruína. O edificio conventual conservado, de planta rectangular e con dúas alturas, debeuse erixir durante a segunda metade do s XVIII e posteriormente recuperouse para converterse no Centro de Interpretación dentro do Parque Natural das Illas Cíes. En 1992 atopáronse no seu contorno restos dunha necrópole medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Seiró (Vilar de Barrio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Laxe. De orixe románica, remodelouse no s XVIII. Ten unha soa nave de planta rectangular, cunha capela lateral moi estreita. Cóbrese con bóveda de canón, reforzada con arcos faixóns no presbiterio, a nave susténtanse con arcos de medio punto rebaixados. No muro sur destaca a espadana de dous vans rematada nun frontón triangular con pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ourille (Verea). En 922 Aldreto e a súa filla Hodrozia, e Placencio e a súa dona Adosinda, cederon a igrexa de San Vicente de Levita para que se construíuse un mosteiro. En 927 Adosinda cedeu a metade do mosteiro ao de San Pedro de Sorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Estevo de Culleredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento notarial, datado en 1259, que probablemente teña a súa orixe en Ribadavia. É un dos primeiros textos non literarios escritos en romance galego dentro das fronteiras actuais de Galicia. É posible que se trate dun rascuño anterior a unha versión definitiva (en latín ou xa en romance) ou, quizais, un traslado parcial dun orixinal que talvez solicitou o mosteiro de Oseira. O documento evidencia a falta de fixación gráfica e a carencia dunha scripta consolidada.

    VER O DETALLE DO TERMO