"Galle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 217.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico semanal da emisora FM Radio Cosmos de Sierra Grande, en Río Negro (Arxentina). Presentábao Xerminal Filgueira todos os domingos á mañá e ofrecía informacións tratadas cun agudo acento crítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico mensual aparecido en La Habana en 1940. Dirixido por José Trillo Escagedo, foi o voceiro dun dos partidos de oposición da sociedade Hijas de Galicia. Nel incluíronse críticas á xestión da entidade e informes sobre posibles irregularidades.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual aparecida en Bos Aires o 1 de novembro de 1936. Subtitulada “Órgano de la acción gallega de cruzados de Santiago Apóstol”, cesou a súa edición en abril de 1942 (nº39). Baseada nos ideais da Igrexa católica, rexeitaba o bolxevismo. Ademais de novas de carácter político e relixioso, incluíu algúns poemas en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico federal aparecido en Vigo en abril de 1873. Na súa redacción colaborou Xosé Mella.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1980 na Coruña. Na súa redacción participaron Xosé Romero, Agustín Romero, Manuel G. Espiña, E. Vidal Abascal, José A. Gaciño, Juan Naya e Plácido Lizancos. Tentaba recoller información de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Moret.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político de carácter republicano federal e galeguista. Fundouse o 16 de marzo de 1930 froito dunha alianza entre a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e Alianza Republicana, que asinaron conxuntamente o chamado Pacto de Lestrove. O documento de fundación foi asinado por Santiago Casares Quiroga, Antón Villar Ponte, Luís Seoane e Xerardo Abad Conde, entre outros. O obxectivo da FRG era a instauración en España dunha República democrática e a loita pola autonomía de Galicia. Trala proclamación da Segunda República Española, convocou unha grande asemblea, en maio de 1931, co propósito de debater a elaboración dun estatuto de autonomía para Galicia. Nas eleccións de xuño dese mesmo ano, obtivo 14 representantes nas Cortes. Nas Cortes, as escisións de varios deputados, disconformes co liderado exercido por Casares Quiroga, que converxía co republicanismo español de Manuel Azaña, fixeron diminuír a súa influencia, feito que se comprobou nas eleccións seguintes,...
-
GALICIA
Xornalista e político. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Valladolid. Fundador e director do xornal tradicionalista El Radical, posteriormente exerceu como redactor xefe e director de La Región. Continuou o seu labor xornalístico en El Heraldo Orensano. Foi presidente da Deputación de Ourense, director da Escola de Comercio e delegado de Educación e Descanso. Como investigador de temas relacionados coa historia local e provincial publicou Poesías de José García Mosquera (1817-1868) (1948) e Valentín Lamas Carvajal. Estudio biobibliográfico (1950). Recibiu un premio do Centro Gallego de La Habana polo seu traballo “Curros Enríquez, periodista”.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Pontevedra a partir do 7 de xullo de 1861. Cesou a súa edición en febreiro de 1862. Subtitulouse “Periódico de intereses morales, intelectuales, materiales y satírico”. Dirixido por Manuel A. Couto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Pazos e Antúnez. Como substituto de El Ferro-Carril, incluíu informacións semellantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia carlista aparecida en Santiago de Compostela en 1887.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en Bos Aires a partir do 15 de agosto de 1909 como “Órgano de la sociedad Pro Escuela en Bandeira”. Cesou probablemente a súa edición en 1913. Dirixírona J. M. López e Antonio S. Freán. Incluíu, ademais de información societaria, novas sobre Galicia, artigos e colaboracións literarias. O 5 de febreiro de 1913 apareceu o xornal Lux que pretendía ser o seu continuador. No ano 2002, Ir Indo Edicións publicou unha edición facsimilar de ambos os dous xornais, coordinada por Xosé Manuel Ma-lheiro e acompañada dun estudo preliminar no que se analiza a situación educativa en Galicia a principios do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada na Coruña a partir de xullo de 1944 e subtitulada “Revista jurídica de Galicia”. Dirixida por Francisco Jiménez de Llano, incluía unha sección doutrinal, un resumo lexislativo, bibliografía e xurisprudencia comentada. Na súa segunda época, a partir de xaneiro de 1950, converteuse en bimestral e subtitulouse “Revista legislativa y jurisprudencial”. Contaba cun consello de redacción presidido por Luis Legaz Lacambra. Cesou a súa edición en decembro de 1953.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista deportiva editada en Vigo a partir de 1978 por Jaime Cros. Subtitulouse “Anuario del fútbol gallego” e incluíu datos sobre a federación rexional, unha relación dos árbitros adscritos ao colexio rexional, calendarios dos encontros, a historia dos clubs que militan nas diversas categorías e as xuntas directivas e xogadores que conforman cada un dos equipos galegos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en La Habana a partir do 5 de xullo de 1885. Cesou a súa edición o 18 de decembro de 1887. Reapareceu nunha segunda época, entre xullo e decembro de 1889, como suplemento de El Eco de Galicia. Fundada por Ramón Armada Teijeiro e Manuel Lugrís Freire, foi o primeiro periódico editado en América integramente en lingua galega. Incluíu narracións en prosa, algúns contos, poemas e fragmentos de O Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal. Caracterízase pola súa preocupación constante sobre a lingua galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación humorística editada en La Habana a partir do 7 de xaneiro de 1872. Cesou a súa edición o 11 de febreiro do mesmo ano. Subtitulouse “Semanario humorístico habanero, editado por una infinidad de bolos y gandules bajo la inspiración de el Doctor Triquitraque”. O seu principal responsable foi Miguel Blanco Herrero. Incluíu artigos de costumes locais redactados de forma divertida.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, Sri Lanka (84.000 h [1990]). A súa economía baséase na exportación dos produtos da rexión. Fundada polos portugueses e ocupada no s XVII polos holandeses, iniciou o seu declive trala ocupación británica da illa de Sri Lanka. Do seu patrimonio cultural destaca a torre fortaleza do reloxo (1663), a antiga casa do gobernador holandés (1684) e a igrexa de Groote.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (1.690 km2; 1.568.000 h [estim 1994]). A súa capital é Galle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Estudiou na Universität Berlin, onde se doutorou en 1845. Descubriu o planeta Neptuno en 1846 e foi director do observatorio de Breslau desde 1851. Elaborou un método para determinar a paralaxe do Sol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sobrenome que recibiu nalgúns documentos a nao Santa María, coa que Cristovo Colón viaxou a América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de xaneiro de 1852. Cesou a súa edición o 30 de novembro de 1861. Subtitulouse “Compañía de seguros mutuos contra incendios. Boletín administrativo”. Imprimiuse inicialmente nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, e logo nos de Xacobe Souto. Trátase dun boletín que ofrecía información sobre a compañía a todos os seus asociados.