Foro Gallego
Foro Gallego
Publicación mensual editada na Coruña a partir de xullo de 1944 e subtitulada “Revista jurídica de Galicia”. Dirixida por Francisco Jiménez de Llano, incluía unha sección doutrinal, un resumo lexislativo, bibliografía e xurisprudencia comentada. Na súa segunda época, a partir de xaneiro de 1950, converteuse en bimestral e subtitulouse “Revista legislativa y jurisprudencial”. Contaba cun consello de redacción presidido por Luis Legaz Lacambra. Cesou a súa edición en decembro de 1953.