"Gonzalez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Historia, realizou a súa carreira nas universidades de Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela, universidade esta última onde accedeu á cátedra de Historia Contemporánea en 1995. Especializado nos movementos políticos e especialmente nos nacionalismos, publicou entre outros títulos O nacionalismo galego, con X.M. Núñez (1995), La historia política: algunos conceptos básicos (1999) e La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. Granja e P. Anguera (2001). Tamén contribuíu á creación das revistas Negaciones (1977), A Trabe de Ouro (1990) e Tempos Novos (1995), e realizou colaboracións na prensa. Formou parte da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e foi membro das fundacións Castelao e Vicente Risco. En 2000 cambiou a orde dos seus apelidos por Beramendi González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Foi concelleira de Vigo polo terzo familiar en 1971 e alcaldesa a mediados de 1978. Ingresou na UCD en 1979 e foi elixida deputada do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e na II (1985-1989) por Coalición Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Xogador do Real Madrid Club de Fútbol, debutou co primeiro equipo en 1994. Gañou 4 ligas, 3 Copas de Europa, 1 Supercopa de Europa, 3 Supercopas de España e 2 Copas Intercontinentais. Máximo goleador da selección, conseguiu 31 goles en 59 partidos. Foi Trofeo Pichichi e gañador da Bota de bronce Europea na tempada 1998-1999.   

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Miguel Bosé, ao longo da súa traxectoria compaxinou a canción coa carreira cinematográfica. Da súa discografía destaca Linda (1977), Bandido (1984), Salamandra (1986), Los chicos no lloran (1990), Bajo el signo de Caín (1993), Amante bandido (1993), 11 maneras de ponerse el sombrero (1998), Girados (2001) e Sereno (2002). Entre outras películas, participou en Retrato de familia (1976), Lo más natural (1990), Tacones lejanos (1991), Felpudo maldito (1994), Libertarias (1994) e La mirada del otro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Publicou Adiviñas (1985), Mentiras (1985), A princesa Lúa e o enigma de Kian (Premio Merlín, 1988), Quén panda? (1987), Arrolos (1987), Asoladamente, o teu nome (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1993), Brandón, fillo de Ferreol (1993) e Cando o rei por aquí pasou (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Afiliado ao progresismo radical, fundou o diario satírico El Guirigay, no que escribía baixo o pseudónimo de Ibrahim Clarete. Deputado en Cortes (1841), opúxose á rexencia de B. Espartero e participou activamente nas revoltas de Barcelona (1842) e Torrejón de Ardoz (1843). Tras acceder á xefatura do goberno moderado (1843-1844), iniciou unha política de corte autoritario, polo que foi destituído en abril de 1844. Nomeado embaixador en Portugal (1844-1846) e posteriormente ministro da Gobernación (1866-1868) do gabinete de R. M. Narváez, fíxose cargo da presidencia do goberno trala morte do xefe de gabinete (abril de 1868). Exiliado a Biarritz trala revolución de setembro, adheriuse ao carlismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís González López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborou en diversas publicacións e publicou Campanas en la tarde (1922), Fernando Fader (1943), Libro de canciones de Rosalía de Castro (1954), El ángel harapiento (1937), Tiempo de amor perdido (1940), Sólo en el tiempo (1943), Canciones de la primera noche (1946) e as póstumas El río que no vuelve (1959), La estrellita de Troley (1968) e Cornamusa (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Comunidades Europeas na Escola Diplomática. Director de Ibisa Televisión SL, escribiu, entre outros guións, El bosque de piedra (1996), O sal da terra: unha historia do sindicalismo galego (1997) e Los secretos del camino (1999). Obtivo o Premio de Novela Blanco Amor (1990), coa novela Riosil, e o Premio Galicia de Comunicación (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1942 trasladouse á Coruña como arquitecto do Patrimonio Artístico Nacional. Colaborou con Santiago Rey Pedreira e especializouse na construción de vivendas sociais. Colaborou na creación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), que presidiu entre 1979 e 1981, e da Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1947-1949), o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e a Hermandad Nacional de Arquitectos. Dirixiu a Revista Nacional de Arquitectura e colaborou como ilustrador en ABC e Blanco y Negro. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura por Arquitectura del jardín español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudiou dereito na Universidad de Salamanca e xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Pueblo Gallego. A partir de 1965 trasladouse a Madrid á redacción de Blanco y Negro e, posteriormente, ao equipo do diario Madrid e Cambio 16. Desde ese momento iniciou a súa etapa como reporteiro en países do Terceiro Mundo. Especializado na problemática dos países do Terceiro Mundo, escribiu as biografías de Ernesto Che Guevara e Patricio Lumumba, e traduciu o libro do Rei Hussein de Xordania Mi guerra con Israel. En 1983 a Asociación de Periodistas Europeos constituíu un premio co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deportista. Participou nos Xogos Olímpicos de México 1968, Múnic 1972, Montreal 1976 e Moscova 1980 na disciplina de tiro olímpico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e galerista. Destacado acuarelista, cultivou a paisaxe campesiña e mariñeira. En 1942 realizou a súa primeira exposición de acuarelas no Casino Ferrolano e desde 1972 realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas por toda Galicia e España. Recibiu o Primeiro Premio de Óleo e Acuarela (A Coruña, 1943 e 1956) e o Primeiro Premio de Óleo da V Exposición de Arte Seu (A Coruña, 1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou en espectáculos do Centro Dramático Galego como A noite vai coma un río (1986), con dirección de Xulio Lago, ou A pousadeira (1987), con dirección de Xan Cejudo. Tamén traballou en Da Vinci levaba razón (1987), producido por O Moucho Clerc. Como integrante do Teatro Nacional de España participou na montaxe de Fuenteovejuna. Ademais, rodou dúas curtametraxes que tiveron unha ampla difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Concheiro, formouse con Fernando Álvarez de Sotomayor. Colaborou con Felipe Bello Piñeiro no grupo Altamira e participou nos círculos artísticos locais. Asistiu en Madrid a cursos no Círculo de Bellas Artes e realizou exposicións en Ferrol, A Coruña, Tánxer e Arxel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Foi fiscal interino en Santiago de Compostela (1835-1841) ata ser nomeado fiscal da Audiencia de Valladolid (1841). Elixido deputado a Cortes (1841), foi ministro da Audiencia e da Chancelería de Valladolid (1854) e rexente das audiencias de Puerto Rico (1856) e La Habana (1858). De volta a España, foi conselleiro de Estado (1861-1865). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Acudiu coa selección española ao Campionato Mundial para menores de 20 anos que se disputou en Nixeria en 1999 e no que se proclamou campión e máximo goleador. Co Celta debutou na Primeira División da liga española e nas competicións europeas de clubs na tempada 2000-2001, e proclamouse campión da Copa Intertoto de 2000 e subcampión da Copa do Rei. Na tempada 2001-2002 fichou polo Ipswich Town, co que participou na Premier League inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Alexandro, a súa obra caracterízase polo tratamento xestual propio do informalismo, valorando a mestura de materiais diversos. Realizou exposicións en distintas cidades europeas e a súa obra está presente, entre outras coleccións, no Museo de Ourense, na Deputación da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e fotógrafo. Coñecido como Xavier Galiza, os seus inicios profesionais foron no mundo da fotografía. Colaborou en diversos xornais galegos e deste período destaca a exposición monográfica El arte prerrománico en Galicia, presentada no Museo de Ourense en 1973. Ese mesmo ano realizou a súa primeira exposición de acuarelas e debuxos en Ourense. As súas acuarelas, conseguidas a base de sucesivos lavados, caracterízanse pola luminosidade e por unha pincelada fina e rica en matices coa que representa paisaxes verídicas con cores, maioritariamente, complementarias. As masas de cor mestúranse e difumínanse de xeito que forman novos tons. Realizou e participou en exposicións en diversas cidades galegas e en Madrid, Valladolid, Oviedo, Berna, París, Laussane e Porto, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Sacerdote dominicano, foi nomeado cronista de Filipe III en 1612. Das súas obras destacan Historia de la vida y hechos del rey don Enrique III de Castilla (1638), Teatro de las Iglesias de España (1643-1650) e Historia de Felipe III (1777).

    VER O DETALLE DO TERMO