González Cuervo, Xavier

González Cuervo, Xavier

Pintor e fotógrafo. Coñecido como Xavier Galiza, os seus inicios profesionais foron no mundo da fotografía. Colaborou en diversos xornais galegos e deste período destaca a exposición monográfica El arte prerrománico en Galicia, presentada no Museo de Ourense en 1973. Ese mesmo ano realizou a súa primeira exposición de acuarelas e debuxos en Ourense. As súas acuarelas, conseguidas a base de sucesivos lavados, caracterízanse pola luminosidade e por unha pincelada fina e rica en matices coa que representa paisaxes verídicas con cores, maioritariamente, complementarias. As masas de cor mestúranse e difumínanse de xeito que forman novos tons. Realizou e participou en exposicións en diversas cidades galegas e en Madrid, Valladolid, Oviedo, Berna, París, Laussane e Porto, entre outras.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ourense