González Beramendi, Justo

González Beramendi, Justo

Historiador. Doutor en Historia, realizou a súa carreira nas universidades de Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela, universidade esta última onde accedeu á cátedra de Historia Contemporánea en 1995. Especializado nos movementos políticos e especialmente nos nacionalismos, publicou entre outros títulos O nacionalismo galego, con X.M. Núñez (1995), La historia política: algunos conceptos básicos (1999) e La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. Granja e P. Anguera (2001). Tamén contribuíu á creación das revistas Negaciones (1977), A Trabe de Ouro (1990) e Tempos Novos (1995), e realizou colaboracións na prensa. Formou parte da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e foi membro das fundacións Castelao e Vicente Risco. En 2000 cambiou a orde dos seus apelidos por Beramendi González.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid