"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Trátase dun dos mellores representantes da escola de Madrid da segunda metade do s XVII. Conseguiu unha nova interpretación dentro do arquetipo da Inmaculada. Cultivou o retrato, o tema mitolóxico e os temas populares. Preocúpase tamén da perspectiva aérea nas súas composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en decembro de 1892 en Pontevedra. Xoán David Pérez Mandado foi o seu director, propietario e redactor. Desapareceu aos poucos números e nel facíase publicidade das rías galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Apolo.

    2. Dise dun home belo, garrido.

    3. Na filosofía de Nietzsche, dise do pulo intelectual que representa o ideal de orde, medida e harmonía. É o elemento oposto ao dionisíaco ou vontade de vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Myanmar (36.778 km2; 2.482.000 h [estim 1994]). A capital é Sittwe (ou Akyab).   Sometido á influencia india durante o s IX, no s XI foi incorporado á Birmania unificada baixo Anawratha. A partir do s XV converteuse en reino independente, pero en 1785 foi novamente anexionado a Birmania. Despois da primeira guerra anglo-birmana (1826) fusionouse coa Baixa Birmania Británica (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Responsable da adopción do sistema métrico decimal na República Francesa, foi antecesor de Cauchy, Boole, Hamilton e Grassmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situadas no lugar de Ardines, preto de Ribadesella (Asturias), coñecidas cos nomes de El Ramu e Lloseta. Conteñen pinturas prehistóricas en varias salas, moitas delas descubertas no 1968. Nas bóvedas rochosas aparecen representacións de figuras animais (cabalos, renos) datadas no Solutrense e no Magdalenense, así como series de signos abstractos, acaso máis antigas (supostamente auriñacenses).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco, conde consorte de Motriko. Militou no bando franquista tralo golpe militar que deu orixe á Guerra Civil española (1936-1939). Foi nomeado alcalde de Bilbao (1937-1938), embaixador en diversas capitais (1947-1964) e dirixiu o secretariado político de Xoán de Borbón, lexítimo sucesor de Afonso XIII no trono español, entre 1966 e 1969. Durante estes anos evolucionou cara a posicións monárquico-liberais e europeístas. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros (1975-1976), fundou o Partido Popular (1976-1977) con Pío Cabanillas, do que cesou por discrepancias con Adolfo Suárez na formación da Unión de Centro Democrático e Acción Ciudadana Liberal (1978), que se integrou na Coalición Democrática (1979). Foi deputado a Cortes (1979) e Presidente do Consello de Europa (1981). En 1992 mostrouse partidario de modificar a Constitución Española para dar cumprimento aos acordos de Maastricht. Escribiu Reivindicaciones de España (1941), en colaboración con Castiella, pola que obtivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista guatemalteco. Deuse a coñecer polas súas compilacións poéticas, adscritas ao Modernismo; emporiso, a súa obra máis destacable son os seus relatos ‘psicozoolóxicos’, influídos polo Surrealismo, como El trovador colombiano (1914). Tamén escribiu novelas de intención política como La oficina de Paz de Orolandia (1925) e El mundo de los Maharachias (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe antiga procedente de Muros, dende onde se espallou a Vigo e Gondomar. Membros desta caste emparentaron con outras familias nobres, como a dos Troncoso. As súas armas levan, en campo de prata, dez panelas de sinople, postas en tres paos, con catro o do centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é propio do arlequín ou pertencente a el.

    2. De moitas cores, que lembra o vestido do arlequín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso franciscano nado en Arnoia (Ourense), e escritor e colaborador de El Eco Franciscano. Publicou, entre outras, obras de carácter eclesiástico, tales como: Compendiosa vida de San Benito de Palermo y Novena del milagroso Santo (1915 e 1925), La venerable Orden Tercera de Penitencia de nuestro seráfico Padre San Francisco, su naturaleza y acción (1923) e El Franciscanismo de la Segunda Orden. Recuerdo del séptimo centenario franciscano (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. O seu nome, como o das súas irmás Agnès de Saint-Paul e Angélique-Marie de Sainte-Madeleine, abadesas do mosteiro de Port-Royal, vai ligado ao Xansenismo. As súas obras De la fréquente communion (Da frecuente comuñón, 1643) e Lettres à une personne de condition (Cartas a unha persoa de condición, 1655) valéronlle a expulsión da Universidade de París. Escribiu coa colaboración de Lancelot unha Grammaire générale et raissonnée (Gramática xeral e razoada, 1690) e dous anos despois, coa de Nicole, Logique de Port-Royal (Lóxica de Port-Royal). No ano 1667 publicou tamén uns Nouveaux éléments de géometrie (Novos elementos de xeometría). Cando o Xansenismo foi condenado por Alexandre VIII (1690), fuxiu a Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. É coñecido sobre todo pola melodía de Rule, Britannia! (Domina, Britania!), canto final da súa ópera Alfred (1740).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. A súa obra é froito dun dilatado proceso de reelaboración de imaxes e signos con preferencia polo debuxo, empregando técnicas de moita precisión, como o aerógrafo. O resultado son obras que transmiten unha serenidade case mística. A súa investigación teórica céntrase na semiótica das artes icónicas. Foi profesor invitado nas Universidades de Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela. Expuxo en diferentes salas de España e Francia. En 1980, xunto con María José Moreno, fundou a Academia de Belas Artes de Vigo, onde se formaron moitos pintores vigueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade de integrar e de executar de forma axeitada os diversos movementos que constitúen un acto. É signo de lesión cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo dun pobo amerindio do grupo sioux que fala un dialecto do dakota. Tradicionalmente estaban establecidos ao oeste do Winnipeg e agora habitan nas reservas do estado de Montana e de Alberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Asnières Cidade do departamento do Alto Sena (Hautes-de-Seine), Francia (71.850 h [1990]). É un centro industrial da área suburbana de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficialmente constituída en 1894, sendo o seu principal promotor e organizador Alfredo Brañas. A de Cambados foi a asociación pioneira dentro do societarismo mariñeiro propiamente dito, e o seu regulamento foi a base de organizacións posteriores. Dun marcado carácter confesional, agrupaba no seu seo a pequenos armadores e mariñeiros (sociedade mixta). Xorde como resposta á desaparición forzosa dos Gremios do Mar (1864); reclamando e continuando a función benéfica e a ordenación dos recursos que os Gremios viñan realizando. A sociedade mariñeira de Cambados inaugurou un novo tipo de sociedade, adoptando funcións que anteriormente eran dos Gremios, tales como os servicios mutualistas, de cooperativa e de sociedade de crédito (para a compra de aparellos e demais útiles para a pesca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización mariñeira de carácter parroquial fundada o 11 de marzo de 1900 en Cangas do Morrazo. Foi unha das primeiras asociacións dos traballadores do mar aparecidas no Morrazo. A súa fundación está relacionada co nacemento das primeiras sociedades de resistencia na pesca (1895-1910), caracterizadas por ser organizacións que englobaban mariñeiros e pequenos armadores, co obxectivo de paliar a situación de indefensión na que se atopaba o sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de mariñeiros fundada en 1900 en Bueu. Nas súas directivas participaron destacados membros do republicanismo local. O seu regulamento, con data do 19 de xaneiro de 1900, estipulaba a organización de toda a clase traballadora do mar nunha asociación que defendese os seus intereses, tanto entre os seus asociados como na representación do sector diante das autoridades gobernativas. En 1904, esta asociación mariñeira interveu no conflito que enfrontou a mariñeiros, que reclamaban un aumento dos quiñóns que cobraban por ir á parte, e armadores locais. A organización de Bueu, apareceu nos primeiros momentos de estruturación mariñeira en sociedades de resistencia (1895-1910), nun momento de total indefensión do sector ante as autoridades gobernativas.

    VER O DETALLE DO TERMO