"Ilan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 152.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten pouco ánimo ou pouco valor para enfrontarse ás cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de pusilánime.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que rutila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino inodoro e incoloro, estable no aire pero sensible á luz, soluble en alcohol e benceno e pouco soluble na auga, que se funde a 137°C. Emprégase como funxicida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños). Ten planta en forma de T con dúas alturas. Os muros son de cachotaría e os ocos están encintados en cantaría.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.829 h [2001]). Ten cultivos de secaño, cereais, forraxe ou patacas, e industria téxtil, de xoguetes, da construción e talleres mecánicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de santa Marta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Son sibilante que acompaña á respiración en certas afeccións bronquiais.
-
-
Que fai un asubío.
-
Aplícase á articulación en que o son fricativo ou africado se acompaña dunha especie de asubío característico, máis agudo ou máis grave, segundo sexa máis ou menos angosto o canal vocálico. O sistema galego de sibilantes deriva das sibilantes medievais que contaban con seis elementos:
/Z/ (gente) - /ʃ / (baixo)
/dz/(razón) - /ts/ (paço)
/zª/(rosa) - /sª/ (passo)
Este subsistema arcaico localízase aínda na Baixa Limia ourensá e en Hermisende. Neste sistema prodúcense dous cambios significativos xa en época medieval dando paso ao chamado subsistema de transición. Por un lado a simplificación dos fonemas africados predorsodento-alveolares, xordo e sonoro, coa perda do elemento oclusivo inicial, transformándose en fonemas fricativos predorsodento-alveolares xordo e sonoro (cambio compartido co portugués):
/dz/ > /z9/ (rason)
/ts/ > /s9/ (paso)
E por outro lado a neutralización entre as sibilantes...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Muras. Ten planta rectangular e dous corpos con cuberta de lousa a catro augas. Construíuse en cantaría e cachotaría de granito. A parte máis antiga é a torre vella de finais do s XIII ou comezos do s XIV, á que se lle engadiu no s XV o corpo occidental amodo de vivenda. Na planta baixa ábrese unha porta de arco de medio punto. O antigo escudo que se atopaba na torre coas armas dos Castro e Andrade situouse noutro edificio. No corpo alto da vivenda destaca unha ventá con arco conopial. Foi declarada BIC (1994).
-
-
silencioso.
-
Que fala pouco.
-
-
-
Hidruro de silicio, o máis simple, que se emprega en electrónica na dopaxe de semicondutores.
-
Hidruro de silicio, de fórmula xeral Si n H 2n+2 , e dos seus derivados por substitución de hidróxeno, análogo aos hidrocarburos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos compostos que conteñen o grupo Si-OH nas súas moléculas. Dada a grande estabilidade do enlace Si-O (105 kcal/mol), experimentan con gran facilidade unha deshidratación intermolecular para formar siloxanos.
-
-
Relativo ou pertencente a Sri Lanka ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Sri Lanka.
-
-
PERSOEIRO
Político serbio. Deputado e fundador da Unión Radical, foi ministro de Finanzas (1922-1926 e 1934) e primeiro ministro de Iugoslavia (1935-1938). Practicou unha política de aproximación aos países do Eixe e asinou tratados con Italia (1937) e Alemaña (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do SL de África, que constitúe un pequeno enclave entre a República Surafricana e Moçambique (17.364 km2; 1.033.000 h [estim 2001]). A capital lexislativa é Lobamba e a administrativa Mbabane.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Xeograficamente divídese de O a L en tres rexións: unha de máis de 1.000 m de altura (Highveld), de clima subtropical moderado e de alta pluviosidade, con bosque de folla perenne; outra cunha altura media de 700 m (Middleveld), zona subtropical de sabana seca; e outra dunha altura de 300 m (Lowveld), de clima seco e cálido. Os ríos principais son o Great Usut, o Ingwavuma e o Komati. A vexetación é esteparia. A agricultura é a principal actividade económica polo número de ocupados. Hai abundante gando bovino e caprino. O principal cultivo é a cana de azucre. Posúe numerosas reservas de carbón e son importantes tamén os diamantes, o ouro e o asbesto, entre outros. A electricidade escasea e a industria limítase ao tratamento dalgúns... -
-
Relativo ou pertencente a Tailandia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tailandia.
-
Arte desenvolvida en Tailandia. Nun primeiro momento floreceron estilos moi diversificados de temas iconográficos e tipos arquitectónicos propios de India, sobre todo budistas. Consérvanse exemplos das culturas khmer (ss VII-XII) e dvaravati (Mahadhatvatija de Lamphun, s XII). O período tai (s XIII) destacou no eido urbanístico (cidades de Sukhothai e Chiang Mai, mosteiro do Xardín Florido). A escultura desenvolveuse, sobre todo, na cidade de Lop Buri (ata o s XV) e caracterizouse polas innovacións achegadas á iconografía de Buda. Outro período importante foi o de Ayuthia (ss XIV-XVIII), caracterizado polos templos en forma de montaña: destacaron o de Rajapurana (1424) e o de Brahrama (1639). En 1767, co traslado da capital a Bangkok, penetraron as influencias chinesas e europeas e prosperou un novo estilo arquitectónico ecléctico caracterizado por torres en forma de furna funeraria asentadas sobre pedestais de diversos chanzos, como o palacio real e o mosteiro de Jetavanarma.
-
-
ENTRADA LARGA
Estado do SL de Asia situado no centro da península de Indochina, ao N do golfo de Siam, cunha prolongación ao S, na península de Malacca. Limita ao N e ao O con Myanmar, ao NL e ao L con Laos, ao SL con Camboxa, e ao SO co Océano Índico (513.015 km2; 61.213.000 h [estim 2001]). A súa capital é Bangkok.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O corazón do país está constituído pola fértil chaira do río Chao Phraya, formado pola confluencia dos ríos Ping e Yom, que desemboca en delta no golfo de Siam. O N e o O do país son montañosos, formados por cordilleiras graníticas paralelas sucadas por vales estreitos e profundos. Cara ao S as cordilleiras convértense nunha única que se prolonga pola península de Malacca. Ao L da conca do Chao Phraya érguense os outeiros escarpados do Phaya Yen. Máis ao L esténdese o altiplano do Nakhon Ratchasima, rexión inhóspita limitada ao S pola cordilleira de Dongrak e ao L e ao N polo val do Mekong. O clima é monzónico, con...