"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • Xeomorfoloxía do relevo submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á batimorfoloxía.

    2. Forma de relevo submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun accidente xeográfico submarino como pode ser unha cordilleira, un foxo, un banco de area, unha depresión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superlativo de beato, que adoita aplicarse á Virxe María como Nai de Deus e ao Papa como o seu representante na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Licenciouse en Filosofía na Sorbona (1929) onde coñeceu a Jean-Paul Sartre, co que compartiu a vida influíndo notablemente no seu pensamento, e onde traballou como profesora. En 1943 iniciouse como escritora coa novela L´invitée (A invitada), onde enfocou a psicoloxía dos personaxes dun xeito renovador; posteriormente en Les mandarins (Os mandaríns, 1954), Premio Goncourt, reflectiu as loitas do intelectual francés ante a realidade da posguerra. Nos seus libros autobiográficos -Mémoires d´une jeune fille rangée (Memorias dunha rapaza formal, 1958), Une mort si douce (Unha morte tan doce, 1964)-, analizou os feitos da propia vida. Escribiu tamén ensaios sobre a filosofía existencialista, como Pyrrhus et Cinéas (Pirro e Cineas, 1944) e Pour une morale de l´ambiguïté (Para unha moral da ambigüidade, 1947), e de política e feminismo, Le deuxième sexe (O segundo sexo, 1949) e La vieillesse (A vellez, 1970). Con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor establecido en Culleredo. Estudiou Belas Artes na Slade School de Londres, onde coñeceu a Lucian Freud. Membro da denominada Escola de Londres, relacionouse con Francis Bacon e Michael Andrews. Realizou exposicións en Londres, Europa e Galicia. Como autor, publicou inicialmente poemas en revistas londinenses e a novela The monument (O monumento, 1988). En colaboración co fotógrafo Federico García Cabezón publicou, con poemas seus, En blanco y negro (1997) e realizou un proxecto escultórico no contorno da Torre de Hércules coruñesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Ribera Alta (1.757 h [1996]). Na agricultura predominan os cultivos de regadío, especialmente laranxeiras e hortalizas. Destaca o gando bovino, de orientación dupla, cárnica e leiteira. Lugar poboado de mouriscos, foi o señorío dos condes de Carlet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Despois de percorrer Portugal, Francia e numerosos países de África, ingresou na orde de San Domingos. Estudiou grego e latín, e coñecía o hebreo, o árabe e as linguas dos países nos que estivo. Escribiu as traxedias Nise lastimosa e Nise laureada, publicadas en 1577. O argumento está baseado nos amores entre Inés de Castro e o infante Pedro de Portugal. Escribiu tamén Hesperodia, un poema escrito en dísticos latinos dedicado ás vitorias do duque de Alba Fernando Álvarez de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador. Xunto con Robert Cailliau está considerado como un dos creadores do concepto World Wide Web. No ano 1989, ambos deseñaron no Laboratorio Europeo para a Física das Partículas (CERN) un sistema de enlaces entre documentos baseado en conexións hipertextuais. Con este sistema premendo nun determinado fragmento de texto dentro dun documento o ordenador amosaba automaticamente un documento vinculado a el, podendo desde o novo acceder a outros polo mesmo método. En 1990 creou o primeiro navegador e editor de páxinas web.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de ideónimo que designa o nome do título dunha obra escrita. Os bibliónimos poden dividirse en varios tipos: títulos de novelas (A esmorga), de obras teatrais (Nao de amores), de poemas (“Excelsior” do poemario De catro a catro), de revistas (A trabe de ouro), de xornais (A Nosa Terra), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ordinal correspondente a billón.

    2. Fraccionario correspondente a billón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución de probabilidade na que a densidade presenta dous máximos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a dúas moléculas. 

    2. Aquilo no que interveñen dúas moléculas.

    3. Reacción que transcorre en cada etapa elemental entre dúas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dous motores.

    2. Avión provisto de dous motores dispostos, por regra xeral, simetricamente segundo o eixe da fuselaxe, nas ás ou na mesma fuselaxe. No caso de estaren dispostos nas ás, están situados cara ao intradorso ou o extradorso, ou máis ou menos adiantados respecto da fuselaxe, co fin de acadar o equilibrio necesario para continuar o voo en caso de parada dun dos motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica obxectiva de medición do rendemento intelectual que consiste nun conxunto de tests clasificados en grupos progresivamente máis difíciles de resolver e adaptados á capacidade normal dos individuos a diversas idades. Elaborada (1905) e revisada (1909) por A. Binet e T. Simon, expresaba os resultados exclusivamente en idade mental. W. L. Stern (1912) achegoulle o concepto de cociente intelectual e L. M. Terman (1917-1937) e R. Zazzo (1966) completárona. Foi o primeiro test do desenvolvemento da intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que designa algúns seres vivos, especialmente os antropónimos, os zoónimos ou os fitónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreitura conxénita ou adquirida da abertura palpebral ou espazo comprendido entre as pálpebras superior e inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de Santiago onde se atopa a entidade capital municipal, Gándara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Arzúa, situado na provincia da Coruña no centro da Comunidade Autónoma. Limita ao N cos concellos de Mesía (comarca de Ordes) e Vilasantar (Betanzos), ao S cos de Melide (Terra de Melide) e Arzúa, ao L co de Sobrado (Terra de Melide) e ao O cos municipios de Frades (Ordes) e Mesía. Abrangue unha superficie de 82,4 km 2 cunha poboación de nos que residen 2.370 h (2007), distribuídos nas parroquias de Andavao, Os Ánxeles, Arceo, Boimil, Boimorto, Brates, Buazo, Cardeiro, Corneda, Dormeá, Mercurín, Rodieiros e Sendelle. A capital, Gándara, situada na parroquia de Boimorto, a 42° 59’ 5’’ de latitude N e 8° 8’ de lonxitude O, está a 47 km ao L de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Arzúa e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Boimorto sitúase baixo o dominio climático oceánico húmido, aínda que nos rexistros térmicos presenta trazos típicos do interior, tendentes a unha certa continentalización:...

    VER O DETALLE DO TERMO