"Inés" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 173.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado a poñente da capital provincial (8.634 h [1996]). Destaca a agricultura (oliveiras, viña, cereais e legumes) e as industrias derivadas. Coñecida en época romana co nome de Vergelium Lulii Genitoris, foi señorío dos Zúñiga ata o s XVI, época na que pasou aos Guzmán. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de Santa Rosalía (1723), a facenda do Santo Ángel (s XVIII) e o palacio do conde de Gines (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na decoración do Palacio Real de Madrid e fixo algúns grupos para o Pesebre de Carlos IV. Nomeado escultor de cámara honorario (1794), interveu na decoración da Casita del Príncipe en El Escorial e na Casa del Labrador en Aranjuez. Foi académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1814) e primeiro escultor de Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora e escritora. Especializouse na ilustración de libros infantís e xuvenís. Dirixe a revista Tretzevents e é autora de obras como L’oca d’or (1984), dos irmáns Grimm, Valentina (1988), En Patufet (1988), Txa-txa-txà (1994), Blanc o negre (1997), La bruixa dels panellets (1996) e a serie sobre Pau i Pepa. Recibiu, entre outros, o Premio Lazarillo (1987) e o Premio Nacional de Ilustración (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar o 13 de xullo de 1558 preto da cidade francesa de Gravelines, departamento do Nord, entre o exército de Filipe II, apoiado pola escuadra inglesa do conde de Egmont, e as tropas francesas, ao mando do duque de Guise. Trala vitoria do exército angloespañol, os franceses víronse obrigados a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (22.4.1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza celebrada na cidade francesa de Gravelines en xullo de 1520 entre Carlos I e Enrique VIII de Inglaterra. Nela establecéronse os termos para a cooperación marítima no Mar Cantábrico e para o casamento de Carlos I con María I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escola de la Llotja e traballou en Santa Maria del Mar (1772) e na igrexa da Mercè (1775). Das súas obras destaca El entierro de Sansón (1777), realizado para la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, e as figuras alegóricas do Comerç e a Indústria na escaleira de la Llotja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación tectónica ligada a substancias salinas ou á estrutura que esta orixina. Tamén recibe o nome de diapirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político, conde de Ofalia e marqués de Heredia. En 1832 foi nomeado ministro de Fomento. A finais de 1837 encabezou un goberno moderado que caeu ao ano seguinte. Foi senador pola provincia de Lugo nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motilidade excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Indochina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Indochina.

    3. linguas sinotibetanas.

    4. Arte musical creada en Indochina. Profundamente influída pola música india e chinesa, ten elementos propios, como o uso de instrumentos autóctonos. Distínguense catro períodos históricos: o primeiro comezou coa dinastía Dinh (ss X-XIV), no segundo (ss XV-XVIII) predominou a influencia chinesa, o terceiro (1800-1940) consolidou un estilo musical propio e etapa posterior a 1940 presentou unha maior influencia da música occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do nome grego (H)agné ‘pura, casta’, que pasou ao latín da época precristiá como Hagne e ao xa cristián do s IV como Agnés, coa acentuación á grega. Destaca con este nome santa Inés (290?- 302?), celebrada o 21 de xaneiro, e a dama galega Inés de Castro (1320?-1355), esposa do Rei Pedro I de Portugal, presente na obra de Luis de Camões ou António de Ferreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inés de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir romana. Morreu degolada á idade de doce anos, durante a persecución de Diocleciano. É unha das santas antigas no culto hispánico (s VIII). A súa festividade celébrase o 21 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inescrutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode chegar a ser estudado ou comprendido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que baixo ningún concepto pode un eximirse dalgunha cousa.

    2. Que non se pode escusar ou desculpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se esgota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao caso utilizado nalgunhas linguas para indicar que unha cousa está situada no interior do lugar considerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode esixir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é específico.

    VER O DETALLE DO TERMO