indochinés -sa

indochinés -sa

(< indo + chinés)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Indochina ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Indochina.

  3. linguas indochinesas [LING]

    linguas sinotibetanas.

  4. música indochinesa [MÚS]

    Arte musical creada en Indochina. Profundamente influída pola música india e chinesa, ten elementos propios, como o uso de instrumentos autóctonos. Distínguense catro períodos históricos: o primeiro comezou coa dinastía Dinh (ss X-XIV), no segundo (ss XV-XVIII) predominou a influencia chinesa, o terceiro (1800-1940) consolidou un estilo musical propio e etapa posterior a 1940 presentou unha maior influencia da música occidental.

Palabras veciñas

Indo | indoario -ria | Indochina, península de | indochinés -sa | indócil | indocilidade | indocumentado -da