indocumentado -da

indocumentado -da

(< 1 in- + documentado)

  1. adx e s

    Que ou quen  non ten ou non leva consigo documentos oficiais con que identificarse.

    Ex: Non puido pasar a fronteira porque ía indocumentado. Detiveron un grupo de persoas indocumentadas que facían balbordo pola rúa.

  2. adx

    Que non está documentado.

    Ex: Un indocumentado informe foi a causa de todos os erros cometidos.

Palabras veciñas

indochinés -sa | indócil | indocilidade | indocumentado -da | indoeuropeísmo | indoeuropeísta | indoeuropeo -a