"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión destrutora das paredes dos bronquios.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica norteamericana. Procedente do music-hall, arraigou no cine con A Girl Every Port (1927) encarnando o tipo erótico da época europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo protestante irenista. Coñecido co nome de Calixtus, desde 1614 foi profesor de teoloxía en Helmstedt, onde elaborou o sistema do sincretismo que procuraba reconciliar os luteranos, os calvinistas e os católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (530-522 a C). Príncipe aqueménida, fillo e sucesor de Ciro II o Grande. Asociado ao reinado de seu pai, no 538-530 a C gobernou como rei de Babilonia. Mandou asasinar o seu irmán Bardiya (ou Smerdis), gobernador de Media e Armenia. No 525 tomou Menfis e fíxose nomear faraón de Exipto, onde seica gobernou de forma tiránica. A revolta de Gaumata, que se fixera pasar por Bardiya, obrigouno a volver a Persia e parece ser que se suicidou durante o camiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á camisa.
-
Aplícase ao colo das prendas de vestir semellante ao das camisas.
-
Persoa que fai ou vende camisas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento onde se fan ou venden camisas.
-
-
Peza de vestir interior, normalmente de punto, confeccionada con algodón, flanela ou outros materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco e sobre a que se pon unha camisa ou calquera outra roupa.
-
Peza de vestir exterior feita con diversos materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de excreción ou de exosmose dalgúns elementos do núcleo celular.
-
PERSOEIRO
Gran duque de Saxonia-Weimar-Eisenach, fillo do duque Ernesto Augusto II e de Ana Amalia de Brunswick, rexente do ducado logo da morte do duque en 1758. Gobernou persoalmente desde 1775 e converteu a corte de Weimar no primeiro centro intelectual de Alemaña, con colaboradores como Goethe e Herder; ao mesmo tempo, promocionou a Universidade de Jena, onde ensinaron Schiller, Schelling e Hegel. Foi un dos líderes do Fürstenbund, ou Liga dos Príncipes, establecida por Federico II de Prusia para facer fronte a Xosé II. Participou co exército prusiano na guerra contra a República Francesa. Non obstante , unha vez que as tropas de Napoleón conquistaron Weimar, uniuse á Confederación do Rin, formada por todos os estados xermánicos baixo protección de Napoleón en 1806. Pola contra, en 1813 integrou no exército que se sublevara en Prusia contra a ocupación napoleónica. Polo Congreso de Viena (1814-1815), logrou a ampliación do seu estado e o título de gran duque. No ano 1816 concedeu a primeira constitución...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bióloga e conservacionista norteamericana. Traballou no US Fish and Wildlife Service entre 1936 e 1952, como encargada de dirixir o servizo de publicacións. Os seus libros Under the Sea-Wind (Baixo o vento mariño,1941); The Sea Around Us (O mar ao noso redor, 1951); The Edge of the Sea (O límite do mar, 1955) e Silent Spring (Primavera silenciosa, 1962), foron premiados e traducidos, caracterízanse pola combinación de rigor científico e un coidado estilo literario. A súa obra, que tratou a problemática ambiental do planeta, constituíu un dos alicerces do movemento ecoloxista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Proceso que orixina un cambio de velocidade das reaccións químicas pola acción dunha substancia que se mantén quimicamente inalterada coñecida como catalizador. Un proceso de catálise pode cambiar a velocidade dunha reacción ou provocar reaccións que non se iniciaron, pero non pode modificar o rendemento da reacción; é dicir, non pode afectar ao valor da constante de equilibrio. Se o catalizador aumenta a velocidade de reacción, fálase de catálise positiva e, se a diminúe, de catálise negativa. Cando a velocidade da reacción varía pola acción dos mesmos produtos de reacción chámase autocatálise. A catálise clasifícase en catálise homoxénea, cando o catalizador está na mesma fase ca as substancias reaccionantes, e catálise heteroxénea, de contacto ou de superficie, cando o catalizador está nunha fase diferente á dos reactivos. A homoxénea limítase a sistemas gasosos e sistemas líquidos; nestes últimos, os exemplos máis importantes...
-
catálise enzimática
Acción pola que un enzima produce unha catálise. Algúns enzimas necesitan, para actuar, a colaboración doutras substancias ou coenzimas. O substrato fíxase no centro activo do enzima formando o complexo enzima-substrato, que despois se disocia no enzima non transformado e mais nos produtos da reacción.
-
-
Termo da escola glosemática que indica a función de restablecer un funtivo non expresado no texto para facelo analizable. Por exemplo se un texto latino se interrompe trala preposición ad, debe repoñerse, mediante a catálise, o caso acusativo, xa que ambas as dúas magnitudes se relacionan por cohesión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Venecia 1432 - ? 1488) Explorador. Estivo ao servizo do infante Enrique de Portugal, para o que en 1455 explorou as Islas Canarias e as costas de Senegal ata Gambia. En 1456 descubriu as illas de Cabo Verde e chegou ás illas de Bijagós no transcurso dunha nova expedición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Malformación conxénita que consiste na presenza dunha fisura na parede da cavidade abdominal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descomposición hidrolítica da celulosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frédéric Sauser-Hall.
-
PERSOEIRO
Escritor e publicista ruso. Estudiou na Universidade de Moscova e en 1854 incorporouse á redacción da revista Sovremennik. Combateu as reformas políticas de Alexandre II e interveu na fundación da organización democrática Zeml’a i Vol’a (Terra e liberdade). En 1862 condenárono a presidio e durante o encarceramento escribiu Čto delat’? (Que cómpre facer?, 1863), novela na que expón o seu ideario político-social, de corte populista. Despois dunha curta etapa en liberdade, deportárono a Siberia (1864-1883) e a Astrakhan (1883-1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación dos temas chineses con intencións decorativas, moi habitual na arte europea, sobre todo no s XVIII. O gusto chinés introducírono as compañías de Indias orientais que traían os produtos a Europa. Reducíanse a unha recreación occidentalizada de formas, temas e motivos decorativos orixinariamente chinos, sobre todo no campo das artes menores, como a porcelana de Delft e a tapicería dos Gobelinos, segundo os debuxos de Boucherm. Tamén se amosou na arquitectura, na construción de xardíns ingleses e pagodes, como a do parque de Nymphenburg e outras construcións como a casa do té en Postdam (1754-1757), o pavillón de Drottningholm en Suecia (1763-1769), e a Palazzina a Favorita en Palermo (1799). No eido da pintura estes motivos empregounos Watteau na serie de Figures chinoises et tartares (Figuras chinesas e tártaras, 1710?) e Boucher no libro Livre des Chinois (Libro dos chineses), que recollía os decorados para o ballet de Noverre Les Fêtes Chinoises.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.
-
ILLAS
Illa da Melanesia, no arquipélago das illas Salomón, de orixe volcánica (5.850 km2), ao L de Nova Guinea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe feudal da Champagne. Durante o s XVII foron marqueses e duques de Praslin, condes de Chevigny, pares de Francia e condes do Imperio Francés no 1810. Entre os seus membros destacan Étienne François de Choiseul e César Gabriel de Choiseul (París 1712-1785), curmán do anterior, que foi ministro de Estado (1761) e da Mariña e Colonias.