"LDR" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 92.

    1. Cabalo ou egua novos, que aínda non mudaron os dentes.

      1. Aparello á maneira dunha gaiola grande de madeira que serve para suxeitar e suspender pola parte dianteira os cabalos, os bois ou calquera outro animal que se vaia ferrar.

      2. Aparello constituído por dúas barras lonxitudinais que se xuntan nun extremo e que estan fixadas ao chan para suxeitar as vacas cando o touro as cobre.

    2. Cabalete de madeira no que se suxeitaba o reo para sometelo a certas torturas. As cordas que ataban os membros do torturado adoitaban estar fixadas a un torno que, ao virar, tensaba as ataduras e producía dislocacións e esgazamentos musculares.

    3. Aparato de ximnasia para facer saltos, que consiste nunha peza cuadrangular forrada de coiro ou doutro material, e sostida por catro patas, que se poden graduar a diferentes alturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Guldriz e Serén (Friol). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. En 1912 debutou como violinista e logo perfeccionouse en París, Berlín e Viena. Como director actuou á fronte da Orquesta de Estudios Sinfónicos e desde 1944 na Orquesta Municipal de Barcelona. Destacan as súas obras sinfónicas Suite en mi major (1919), Empúries (1926) e La filla del marxant (1934); no campo da música de cámara compuxo Vistes al mar e Sis sonets (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ventre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Messager.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • síndrome de Aldrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Golfista. Coñecido polo seu alcume de Tiger Woods, comezou a xogar ao golf aos dous anos, e antes dos 20 xa gañara tres Abertos dos Estados Unidos na categoría Amateur. Fíxose profesional en 1996, e en tres meses gañou dous torneos. Con 21 anos gaña o Masters de Augusta (1997). Máis adiante gaña o Campionato da PGA (1999), o Aberto de Estados Unidos, o Aberto Británico e de novo o Campionato da PGA (os tres no ano 2000). Ao gañar de novo o Masters (2001) converteuse no único posuidor dos catro trofeos do grand slam. Leva gañado catro veces o Masters de Augusta (1997,2001,2002 e 2005), tres o Aberto de EE.UU. (2000, 2002, 2008), tres o Aberto Británico (2000, 2005, 2006) e catro a PGA (1999, 2000, 2006, 2007).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia vermella que se encontra no estómago das sardiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘cunca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cabaqueiros que corresponde á voz ‘caldo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Neve que se derrete.

    2. Lama que resulta da neve derretida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador suízo. Sacerdote (1506), foi cóengo da catedral de Zúric (1521-1522). Influído polo pensamento de Lutero, iniciou en 1520 a predicación da Reforma e proclamou a independencia da igrexa suíza fronte a Roma. Presentou na sala do consello municipal de Zúric (1523) sesenta e sete conclusións sobre o principio fundamental da sola Scriptura como a norma de fe e un plano completo de reforma da cidade, que foi adoptada. Pouco despois publicou Breve instrución cristiá para eliminar as reticencias ante a Reforma. Explicou a doutrina eucarística, negando todo carácter sacrifical na misa, e en 1525 implantou a Cea, prevista só para catro festividades ao ano. Os cantóns católicos conseguiron en 1526 a súa excomuñón. O enfrotamento armado evitouse pola Paz de Kappel (1529). Con motivo da Dieta de Augsburgo (1530), redatou a Fidei ratio, que enviou a Carlos V, e pouco despois a Expositio fidei (1531), dirixida a Francisco I de Francia. O acordo antiimperial...

    VER O DETALLE DO TERMO