Zwingli, Huldrych

Zwingli, Huldrych

Reformador suízo. Sacerdote (1506), foi cóengo da catedral de Zúric (1521-1522). Influído polo pensamento de Lutero, iniciou en 1520 a predicación da Reforma e proclamou a independencia da igrexa suíza fronte a Roma. Presentou na sala do consello municipal de Zúric (1523) sesenta e sete conclusións sobre o principio fundamental da sola Scriptura como a norma de fe e un plano completo de reforma da cidade, que foi adoptada. Pouco despois publicou Breve instrución cristiá para eliminar as reticencias ante a Reforma. Explicou a doutrina eucarística, negando todo carácter sacrifical na misa, e en 1525 implantou a Cea, prevista só para catro festividades ao ano. Os cantóns católicos conseguiron en 1526 a súa excomuñón. O enfrotamento armado evitouse pola Paz de Kappel (1529). Con motivo da Dieta de Augsburgo (1530), redatou a Fidei ratio, que enviou a Carlos V, e pouco despois a Expositio fidei (1531), dirixida a Francisco I de Francia. O acordo antiimperial asinado por Zúric con Filipe I de Hessen (1530) e o avance da Reforma desencadearon a guerra entre os cantóns suízos e, ferido na Batalla de Kappel, morreu en mans dos católicos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wildhaus, Toggenburg

  • Deceso

    Lugar : Kappel