"LIFO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de pau.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a unha panícula.
-
-
Que ten forma de papila.
-
Que é semellante a unha papila.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
gravado rupestre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semestral publicada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1991. Subtitulouse “Revista de la Asociación de Artes Gráficas e Impresión de Galicia”. Editada pola Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia, estivo dirixida por Masito Beiro e distribuíuse entre o sector gráfico galego e portugués, especialmente en escolas de artes gráficas de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de pelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao conxunto ou secuencia fonemática formada por dous ou máis elementos susceptibles de aparecer por separado noutro contexto, como acontece cos ditongos ou tritongos.
-
-
Música que combina diversas voces ou partes vocais simultáneas pero independentes. Na súa forma escrita, as primeiras prácticas musicais polifónicas datan do s IX (o organum ou diafonía); despois apareceron o descanto (baseado no movemento contrario das voces), o motete (combinación de melodías con textos independentes) e o condutus. A ars antiqua e a ars nova cultivaron a polifonía en formas diversas. O termo pasou a designar o conxunto de partes musicais diferentes, escritas preferentemente en contrapunto, e case exclusivamente se se trata de partes vocais.
-
Calidade dunha letra ou grafema que, na ortografía normal dunha lingua, pode realizarse fonicamente de diversas maneiras. En galego, por exemplo, <c> (cuña [‘kua]/cea [‘θea]) e <x> (xa [ʃa]/nexo [‘nεksªo]).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á polifonía.
-
-
Compositor de obras polifónicas.
-
Persoa especialista en polifonía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto polimérico con estrutura de poliéter obtido a partir de formaldehido de elevada pureza mediante polimerización iniciada por ácidos ou bases de Lewis nun disolvente inerte. Émprégase no moldeamento por inxección de compoñentes mecánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversos oxoanións do fósforo que existen como sales e que corresponden a ácidos polifosfóricos raramente illables. Obtéñense por calcinación de diversos hidroxenofosfatos e dihidroxenofosfatos. Algúns polifosfatos utilízanse na industria alimentaria como aditivos texturizadores, estabilizadores e emulsionantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as mesturas complexas de ácidos fosfóricos de fórmula xeral Hn+2PnO3n+1, nunha composición en que interveñen desde o ácido pirofosfórico (n = 2) ata o metafosfórico (valores de n grandes). Ten un carácter extremadamente ácido e a temperatura ambiente é un líquido moi viscoso ou un vidro, dependendo do valor medio de n. Emprégase como deshidratante e como axente catalítico e secuestrante.
-
-
Relativo ou pertencente aos proteroglifos.
-
Réptil do grupo dos proteroglifos.
-
Grupo de réptiles escamosos, da suborde dos ofidios, nos que os dentes especializados na condución do veleno son curtos e ríxidos e atópanse na parte anterior dos maxilares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao quilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suco lonxitudinal do estomodeo dos pólipos dos antozoos, que está constituído por células ciliadas que moven a auga que penetra na cavidade gastrovascular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical creada en Pontevedra en 1925. Fundada, entre outros, por Antón Losada Diéguez, Afonso R. Castelao, Antonio Iglesias Vilarelle ou Vicente Barreiro, para impulsar as actividades musicais na cidade. Losada Diéguez foi o seu primeiro presidente, cargo que tamén ocupou Castelao quen, ademais, foi o encargado de realizar diversas escenografías para as actuacións da coral. O seu repertorio inclúe polifonía sacra e profana, así como temas populares.
-
-
Relativo ou pertencente aos solenoglifos.
-
Réptil do grupo dos solenoglifos.
-
Grupo de réptiles escamosos, da suborde dos ofidios, cunha dentadura onde se distinguen dous dentes dianteiros sucados por unha canle que está comunicada cunha glándula velenosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estación de gravados rupestres situada en Santa María de Tebra (Tomiño). Na vertente sur destaca, entre os diferentes motivos, unha gran figura composta por case 20 círculos concéntricos, sendo o de maior diámetro de máis de 2 m e o menor de 15 cm con coviña central. Pola técnica da gravación dos sucos e motivos asociados dátanse na Idade do Bronce (2000 a de C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento decorativo en forma de rectángulo saínte con tres canais que decora o friso de orde dórica desde a arquitrabe á cornixa. Construído primeiro con terracota, alternaba coa métopa e adoitaba estar pintado de cor turquesa escura ou negra.