tríglifo

tríglifo

(< lat triglyphu- < grτρἱγλυφος)

s m [ARQUIT]

Elemento decorativo en forma de rectángulo saínte con tres canais que decora o friso de orde dórica desde a arquitrabe á cornixa. Construído primeiro con terracota, alternaba coa métopa e adoitaba estar pintado de cor turquesa escura ou negra.

Palabras veciñas

Triglav | triglicérido | tríglido -da | tríglifo | Triglochin | trigo | Trigo Chao, Luís