"Lucí" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
PERSOEIRO
Xeneral e cónsul romano, pai de Escipión Emiliano. Coñecido como o Macedonio, foi edil curul (192 a C). Pretor da Hispania Ulterior (191 a C), enfrontouse aos lusitanos (191-190 a C) e malia sufrir unha derrota en Lico, venceunos na Bética. Conseguiu un triunfo fronte aos ligures no seu primeiro consulado (182 a C). Nun segundo consulado conquistou Macedonia (168 a C) e conseguiu un abundante botín como procónsul de Macedonia (167 a C). Volveu exercer a censura no 164 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral romano. Enfrontouse á sublevación dos cántabros e dos astures como gobernador da Tarraconense (24 a C). Conseguiu dominalos temporalmente pero despois dun novo alzamento foi substiuído por Agripa (19 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divisar ou deixarse ver unha cousa entre outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estudantil de ámbito galego que se autodefinía como reinvidicativa, nacionalista, democrática e independente, e que defendía un ensino ao servizo das clases populares e a normalización da lingua e da cultura galegas. Entre os seus presupostos básicos destacaban o convencemento de que Galicia mantiña unha dependencia colonial con respecto a España que se traducía, no eido educativo, na transmisión dun ensino acientífico, antinacionalista, antipopular e antidemocrático. A súa aparición na vida pública tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1972-1973, despois da folga compostelá do Nadal, provocada pola morte do estudante Xosé María Fuentes; daquela estaba integrada principalmente por estudiantes nacionalistas de diversos colectivos e independentes. No curso seguinte espallouse polas principais cidades galegas, ao tempo que se produciu a primeira escisión, que deu lugar á creación da Organización de Estudiantes Revolucionarios. Nos anos 1975 e 1976 os centros...
-
PERSOEIRO
Escritora. Da súa produción destaca Amor, curiosidad, prozac y dudas (1997), Beatriz y los cuerpos celestes (Premio Nadal 1998), Nosotras que no somos como las demás (1999), La Eva futura. La letra futura (2000), Estación de infierno (2001) e De todo lo visible y lo invisible (V Premio Primavera 2001). Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Aberdeen.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Experimentar algo ou alguén unha evolución.
-
Facer evolucións, especialmente xiros, voltas ou movementos militares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que, nun sentido amplo, concibe o universo como un sistema en evolución, e, nun sentido máis restrinxido, a vida como un proceso evolutivo.
-
-
Relativo ou pertencente ao evolucionismo.
-
Partidario ou seguidor do evolucionismo.
-
-
PERSOEIRO
Político inglés. Vizconde de Falkland. Membro do Parlamento desde 1640, opúxose ao establecemento do Ship Money e á abolición do episcopado antes de converterse en 1642 no conselleiro do Rei Carlos I. Participou no sitio da cidade de Gloucester e na Batalla de Newbury.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e profesor. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Valladolid, e en Políticas e Económicas, pola de Madrid. Doutorouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela co estudo “La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio”. Foi funcionario do Corpo Técnico da Administración do Estado e do Corpo Técnico do Instituto Nacional de Previsión de Pontevedra, ademais de profesor de ensino medio en Ferrol, Pontevedra e Ourense, e maxistrado de traballo en Pontevedra. En 1934 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. É autor de numerosos traballos de investigación, como “Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: El ladrillo con relieves”, “Los normandos en Galicia” ou “El Monasterio de Montederramo: estudo histótico-artístico”. Escribiu O libro da heráldica galega (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guerra civil, coñecida tamén como Guerra dos Farrapos, acontecida no S do Brasil en 1835, de carácter federalista e republicano. A revolución estalou nas provincias do Rio Grande do Sul e de Santa Catarina, e culminou coa proclamación da República Riograndense ou do Piratini (1836) e da República Catarinense ou Juliana (1839). Trala vitoria das tropas do goberno central asinouse a Paz de Ponche Verde o 28 de febreiro de 1845.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección dunha parte do exército paraguaio (febreiro de 1936), dirixida polo coronel Rafael Franco contra o presidente Ayala a causa da desmobilización decretada por este trala guerra do Chaco. Franco formou un goberno que tentou aplicar un plan de reformas, pero un golpe de estado organizado polos militares conservadores púxolle fin (13 de agosto).
-
PERSOEIRO
Historiador francés. Profesor da Université de Strasbourg, ocupou, desde 1933, a cátedra de Historia da Civilización Moderna no Collège de France. Fundador, xunto con Marc Bloch, da revista Annales d’Histoire Économique et Sociale (1929), foi un dos renovadores da concepción da historia no s XX, ao considerala como unha síntese de resultados procedentes de todas as ciencias humanas. Destacan as súas obras La terre et l’évolution de l’humanité. Introdution géographique à l’histoire (1922), Le problème de l’incroyance au XVIe siècle: la religion de Rabelais (1924) e Combats pour l´histoire (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Axente antifúnxico que se sintetizou no ano 1967. É activa sobre todo contra a Candida albicans e o Aspergillus fumigatus. En medicina emprégase no tratamento das micoses internas e, asociado coa amfotericina B, é moi útil en individuos con insuficiencia renal.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Estudiou na Accademia di Brera en Milán. Expuxo as súas obras en París (1934) en Abstraction-Création. Viviu en Arxentina (1939-1946) onde realizou escultura figurativa e expresionista e publicou o Manifesto branco (1946). En 1947 volveu a Milán e elaborou a doutrina do espacialismo. As superficies dos seus lenzos son planas e están rachadas; empregou tamén as luces de neon e abriu o camiño á enviroment art.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento creado en 1974 para a independencia de Timor Leste. Trala retirada de Portugal e a proclamación de independencia da República pola Frente (1975), Indonesia ocupou a zona, o que deu lugar a un período de enfrontamento armado. A ONU condenou a invasión e en 1999 tutelou un referendo sobre a autodeterminación, que resultou favorable á independencia de Timor Leste. Venceu nas eleccións de agosto de 2001 e o seu líder Xanana Gusmão converteuse no primeiro presidente da República.
-
PERSOEIRO
Pintor británico de orixe alemana, neto de S. Freud. Emigrou en 1932 ao Reino Unido, onde se formou como pintor. Especializouse no retrato psicolóxico, dun realismo morboso e enigmático. O seu estilo cualificouse de existencialista e próximo a Ingres. Destacan, entre outras obras, Interior at Paddington (1951), John Minton (1952) e Reflection (self-portrait) (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no val do Guadalquivir, entre Carmona e Écija (7.470 h [1996]. Centro agrícola de La Campiña, con industrias alimentarias. De orixes prehistóricas, recibiu durante a ocupación romana o nome de Obulcula. Conquistada polos cristiáns en 1248, o seu señorío foi entregado á orde de Alcántara. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o xacemento de Fuente de la Reina e os restos do castelo de Fuentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Doutorouse coa tese Géographes allemands de la Renaissance (Xeógrafos alemáns do Renacemento, 1890). Foi profesor nas universidades de Lyon e da Sorbonne. En 1893 fundou Annales de Géographie Universelle, xunto con Vidal de la Blanche. Dirixiu a revista Géographie Universelle. Escribiu Regions naturelles e noms de pays (Rexións naturais e nomes de país, 1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e etnógrafo. Foi fundador e primeiro presidente do Clube Nacionalista Alén Nós (1986) e patrono fundador e presidente da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego. Especializado no estudo da olería tradicional galega, colaborou, entre outras publicacións, en Museo de Pontevedra, Nodales, Gallaecia e Encrucillada. Foi coautor de La alfarería de Galicia (1983), con A. García Alén e X. M. Gómez Vilasó, co que tamén escribiu A alfarería tradicional de Buño: carpeta de debuxos (1986) e A louza tradicional de Niñodaguia (1995); e autor de Contribución al estudo de la alfarería popular en Galicia (1979), Os oleiros (1981) e O señor das olas: crónica de viaxes e outras historias (1992). Recibiu o Pedrón de Ouro en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO