Febvre, Lucien Paul Victor

Febvre, Lucien Paul Victor

Historiador francés. Profesor da Université de Strasbourg, ocupou, desde 1933, a cátedra de Historia da Civilización Moderna no Collège de France. Fundador, xunto con Marc Bloch, da revista Annales d’Histoire Économique et Sociale (1929), foi un dos renovadores da concepción da historia no s XX, ao considerala como unha síntese de resultados procedentes de todas as ciencias humanas. Destacan as súas obras La terre et l’évolution de l’humanité. Introdution géographique à l’histoire (1922), Le problème de l’incroyance au XVIe siècle: la religion de Rabelais (1924) e Combats pour l´histoire (1953).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nancy

  • Deceso

    Lugar : Saint Amour, Jura