"Māra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
-
Desenlear algo que está enmarañado.
-
Clarificar un asunto complicado.
-
Deixar de estar enleada algunha cousa, especialmente cordas ou fíos.
-
Librarse dunha persoa ou dunha situación comprometida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito formado por dúas sámaras opostas, coma o do pradairo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de ata 2 m de altura, e de base lixeiramente leñosa. As follas teñen forma ovalada -as superiores enteiras con dúas aurículas na base e as inferiores de base lobulada- de ata 8 cm de lonxitude e dispostas de xeito alterno. As flores, pentámeras e hermafroditas, son de cor púrpura de ata 2 cm de diámetro, cos pétalos unidos na base, e 5 estames de anteras grandes de cor amarela que se dispoñen de xeito apertado. Os froitos preséntanse en bagas de 15 mm de diámetro de cor vermella cando están maduros e resultan pouco tóxicos ao ser inxeridos polo home. En Galicia está presente, ao igual que na maior parte da Europa atlántica e mediterránea, en bosques húmidos, ribeiras e costas. Da planta empréganse, como medicinais, os talos de dous anos, recollidos no outono, que contan coa maior concentración de principios activos, principalmente glucoalcaloides, como a solaceína e a solaneína, ademais da dulcamarina. Respecto ás súas aplicacións, úsase maioritariamente como diurética...
-
VER O DETALLE DO TERMO
de enmarañar ou enmarañarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enmarañar ou enmarañarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enlear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actinolita de cor verde herba a verde esmeralda. Preséntase en agregados xunto coa onfacita, constituíndo ecloxitas, e nos gabros.
-
-
Esparexer ou estender a herba polo campo ou prado despois de segala.
-
Desfacerse ou descomporse unha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parlamento Europeo.
-
PERSOEIRO
Coñecida como María Pita, participou na resistencia ao asedio da Coruña por parte das tropas inglesas de Drake e Norris en maio de 1589, e matou o abandeirado inglés durante o asalto á Pescadería, feito que cambiou a marcha do asedio. Posteriormente prestoulles auxilio aos numerosos feridos e avituallou a infantería. Casada en catro ocasións, recibiu da coroa, polos seus servicios durante o asedio, o título de Alférez do Exército, unha pensión real de carácter vitalicio, o permiso de exportación de mulas a Portugal e quedou liberada da obriga de lles dar aloxamento ás tropas na súa casa. Na cidade da Coruña, ademais de existir unha praza co seu nome, conmemórase o 8 de maio co nome de María Pita, o voto que fixera a cidade a Deus en plena batalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curso de auga irregular, típico dos climas mediterráneos, que queda enxoito durante case que todo o ano pola ausencia de precipitacións, pero que se volve impetuoso cando chove. Este termo é orixinario da Italia meridional (Calabria, Basilicata, Sicilia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima do grupo das hidroliases que cataliza a hidratación reversible do fumarato a L-malato, que é unha das reaccións do ciclo de Krebs. Tamén se coñece como L-malato hidroliase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido fumárico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do Talmud que recolle as discusións dos rabinos das academias xudías de Babilonia (217-249) sobre o texto da Mišná.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo medieval masculino que procede do xermánico Wimara. Presenta as variantes Guimar, Vímara e Vimar. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.
-
CIDADES
Cidade do distrito de Braga, Portugal, no Entre Douro e Minho, a 50 km ao NL de Porto (22.054 h [1981]). Situada preto do río Ave, experimentou un rápido crecemento grazas á industria (téxtil) e á súa famosa coitelería. Aínda que elevada á categoría de cidade en 1853, está considerada o berce do Reino de Portugal, ao ter sido a capital do condado portucalense. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa do antigo convento de Nossa Senhora da Oliveira, o barrio medieval, o edificio do concello (s XVI) e a praza de São Tiago (ss XVII-XVIII). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Mamede de Ribadulla (Vedra). Ten planta en forma de L. No corpo principal atópase a porta de arco de medio punto enmarcado por pilastras rematadas en bólas. O escudo alude aos Abraldes, Galos, Feixoo, Moscoso, Caamaño, Soutomaior e Varela. Do seu alzado destacan tres chemineas. Conserva a capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Central, Turquía (14.680 km2; 1.025.241 h [1997]). A súa capital é Kahramanmaraş.
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo, en Anatolia Central, Turquía (303.594 h [1997]). A actividade económica máis importante é a explotación das minas de ferro e plata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor guineano. A súa primeira novela, L’enfant noir (1953), é autobiográfica. Das súas obras destacan Le regard du roi (1954), Dramouss (1966) e Le maître de la parole (1978).
VER O DETALLE DO TERMO