Fernández de la Cámara Pita, María Maior

Fernández de la Cámara Pita, María Maior

Coñecida como María Pita, participou na resistencia ao asedio da Coruña por parte das tropas inglesas de Drake e Norris en maio de 1589, e matou o abandeirado inglés durante o asalto á Pescadería, feito que cambiou a marcha do asedio. Posteriormente prestoulles auxilio aos numerosos feridos e avituallou a infantería. Casada en catro ocasións, recibiu da coroa, polos seus servicios durante o asedio, o título de Alférez do Exército, unha pensión real de carácter vitalicio, o permiso de exportación de mulas a Portugal e quedou liberada da obriga de lles dar aloxamento ás tropas na súa casa. Na cidade da Coruña, ademais de existir unha praza co seu nome, conmemórase o 8 de maio co nome de María Pita, o voto que fixera a cidade a Deus en plena batalla.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sigrás

  • Deceso