"Mut" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 118.

  • Fracción mínima dun xene en que se pode dar unha mutación, segundo S. Benzer. Equivale a unha base purínica ou pirimidínica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, situado na costa cantábrica, ao O da desembocadura do río Deba (4.775 h [2001]). A súa economía baséase principalmente na pesca e nas actividades relacionadas con ela, como a salgadura e as conservas. Outras industrias que destacan son as metalúrxicas, as de fabricación de material clínico e a de elaboración de sidra. É un centro de veraneo. Sobresae a igrexa parroquial, de estilo neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía do N da illa de Honshū, Xapón. Nela está a cidade de Aomori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Meiji Tenn ō (Kyoto 3.11.1852 - Toquio 30.7. 1912) Emperador de Xapón (1867-1912), fillo e sucesor de Kōmei Tennō. Durante o seu reinado promulgouse a constitución (1889) e tiveron lugar as guerras contra China (1894-1895) e Rusia (1904-1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mutualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social fundada en 1958. É unha asociación de empresarios, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que colabora na xestión da Seguridade Social e que centra a súa actividade na cobertura dos riscos derivados dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Asume tamén a prestación económica de incapacidade temporal por enfermidade común e accidente non laboral e os servizos de prevención para as empresas aseguradas. Concibe o accidente laboral como un todo único e o seu estudo e tratamento inclúe os niveis preventivo, asistencial e de rehabilitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de mutuo.

    2. Asociación, xeralmente voluntaria, imposta como obrigatoria por algunhas lexislacións laborais, de persoas afectadas por uns mesmos intereses e riscos, para protexer comunmente estes intereses e compartir proporcionalmente a cobertura de riscos por medio dunha contribución de cada asociado en cotas fixas ou variables. No Estado español as mutualidades son de catro tipos: mutualidades mercantís, voluntarias, que realizan calquera tipo de seguro con independencia da previsión social; mutualidades de accidentes de traballo, patronais e de carácter voluntario; mutualidades laborais, creadas e reorganizadas polo Ministerio de Traballo e de carácter obrigatorio; e mutualidades libres, de carácter voluntario e con actividades de previsión social. A súa orixe remóntase ao mundo grecorromano, e as súas configuracións históricas posteriores, como os gremios, desembocaron no gran florecemento de mutualidades do s XIX. OBS: Tamén se denomina mutua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de prestacións mutuas que é a base da mutualidade. Tras a disolución oficial dos gremios do Antigo Réxime en 1834, as clases obreiras quedaron desprotexidas nos casos de enfermidade, morte ou inutilidade laboral. No seo destas capas sociais xurdiron, durante o mandato da Raíña Isabel II, unhas sociedades de socorro mutuo, instrución e recreo. En Galicia, entre outras, creáronse a Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos da Coruña (1841), o Círculo das Artes de Lugo (1855) e o Liceo Recreo de Artesanos de Ourense (1850). No Sexenio Revolucionario (1868-1874), os republicanos das diversas cidades galegas reformularon e ampliaron aquelas reivindicacións populares nas chamadas cooperativas de base múltiple, que atendían tanto as necesidades de socorro mutuo coma as educativas, e o cooperativismo de consumo e produción. En 1870 apareceu en Ferrol a Asociación de Trabajadores e, un ano máis tarde, rexistráronse colectivos semellantes en Santiago de Compostela e Vigo, que abranguían...

    2. Asociación entre individuos de dúas especies distintas de xeito que se beneficien ambas as dúas. Esta unión non é imprescindible para a supervivencia das dúas especies, de tal xeito que se esta unión se rompe, os dous individuos sobreviven.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao mutualismo.

      2. Partidario do mutualismo.

      1. Relativo ou pertencente á mutualidade.

      2. Membro dunha mutualidade.

    1. Individuo que forma parte dunha asociación de mutualismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que dá o empréstito nun contrato mutuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que recibe o empréstito nun contrato mutuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canzorro cadrado que na orde dórica se sitúa baixo a cornixa, de onde penduran series de gotas. Se se atopa sobre a métopa, lábranse tres series de seis gotas, e se está sobre o tríglifo, tres series de tres gotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se dá ou se intercambia de xeito recíproco entre dúas ou máis persoas.

    2. Contrato mediante o que o mutuante transmite a propiedade dunha cantidade de diñeiro ou doutra cousa funxible ao mutuario, que queda obrigado a devolver a mesma cantidade de diñeiro ou bens da mesma especie e calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (15.558 h [2001]. Na súa economía destacan os cultivos de amendoeiras, vide, cítricos e hortalizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Os seus traballos caracterizáronse por unha mestura de glamour, sexo e imaxe teatral, con especial interese pola imaxe feminina núa en branco e negro. Retratou a Paloma Picasso, Pierre Cardin e Naomi Campbell, entre outros, e as súas fotografías apareceron en Vogue, Stern, Elle, Queen e Playboy. Publicou White Women/Femmes Secrètes (1976), Sleepless Nights/Nuits Blanches (1978) e Helmut Newton: Novas Imaxes (1989), e protagonizou os documentais Helmut Newton (1978) e Frames from the Edge (1988). Recibiu o premio do Instituto de Artes Gráficas de América (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Fukuoka, situada na illa de Kyūshū, Xapón (149.214 h [1991]). É unha cidade moderna, que naceu coa industrialización, e que posúe carbón e siderurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de permutar unha cousa por outra.

    2. Contrato polo que se obriga a cambiar unha cousa por outra, a diferenza da compra-venda en que o cambio se realiza entre unha cousa por diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO