"Odón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 142.
-
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (685?-735). Rexeu o territorio comprendido entre os Pireneos, o Atlántico, o Loire e o Ródano, e chegou a traspasar este. En 717 foi recoñecido como soberano por Khilperico II de Neustria-Austrasia e aliouse con el para loitar contra Carlos Martel, pero foi derrotado en 718 ou 719. Ao ano seguinte fixo as paces con Carlos e entregoulle a Khilperico. En 731 aliouse co valido da Narbonense, o bérber Munussa, que se sublevara contra Córdoba, pero este foi derrotado en Libia por ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gāfiquī. En 732 al-Gāfiquī tomou Bordeos, desfixo as tropas aquitanas e saqueou Poitiers, ata que foi derrotado e morto por Carlos Martel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Baviera (1180-1183). Coñecido como Odón de Wittelsbach, Federico I Barbarrubia nomeouno conselleiro persoal e dooulle o Ducado de Baviera. Os seus descendentes reinaron ata 1918.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (887-898) e conde de París, fillo de Roberto IV o Forte. Derrotou os normandos (886 e 888), que atacaran París, pero foi derrotado por eles en 889. Someteuse a Arnulfo I de Xermania, quen lle deixou gozar pacificamente do reino. Tivo que loitar contra diversos rivais e pactou con Carlos III de Francia o Simple, protexido tamén por Arnulfo, e repartiuse con el o reino en 897. Correspondéronlle os países entre o Sena, o Atlántico, a terra dos sarracenos e o Mediterráneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1832-1862), fillo de Luís I de Baviera. O seu cargo estivo ratificado pola Conferencia de Londres (1832), mais a súa incapacidade para encabezar o movemento nacional e a inimizade con Reino Unido motivaron unha revolta militar que o destronou. En 1884 outorgou unha constitución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (962-973), rei de Xermania (936) e de Italia (951 e 961), fillo de Enrique I de Alemaña e de santa Matilde. Recuperou Lorena e obtivo do rei francés o recoñecemento do seu dominio nesta rexión (942 e 947). Interveu nas loitas de Lombardia e foi proclamado rei (951), aínda que deixou o seu goberno en mans de Berenguel II un ano máis tarde. Por mor da represión deste, o Papa Xoán XII pediulle axuda e depuxo a Berenguel. Foi novamente coroado rei de Italia e Milán e recibiu a coroa imperial de mans do papa o 2 de febreiro de 962 e restaurouse así o Sacro Imperio, vacante desde 899. Deseguido enfrontouse co papa e os romanos ata 967. A loita cos gregos de Italia meridional solucionouna co casamento do seu fillo Odón coa princesa bizantina Teófano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xermania e de Italia (961) e emperador romano-xermánico (973-983, asociado ao imperio en 967), fillo de Odón I e de Adelaida. En 972 casou con Teófano, filla do emperador bizantino Romano II. Rivalizou cos emperadores bizantinos e tomou o título de imperator romanorum, que reivindicaban aqueles. En 981 pasou a Italia e matou en Roma a un gran número de inimigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (996-1002), rei de Xermania (983) e de Italia (996), fillo de Odón II e de Teófano. Foi coroado emperador polo Papa Gregorio V. En 1001 venceu os sarracenos no sur de Italia e emprendeu a peregrinaxe ao monte Gargano, pasou o Nadal en Tödi e trasladouse a Paterno, onde morreu. Home de altos pensamentos, tiña como modelos a Constantino o Grande e Carlomagno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (1209-1218), rei de romanos e de Xermania (1198), fillo de Enrique XII de Baviera e de Matilde de Inglaterra. Derrotado por Filipe de Suabia (1206), refuxiouse na corte de Xoán I de Inglaterra. Morto Filipe, recuperou o trono xermánico e foi coroado emperador por Inocencio III. En 1210 foi excomungado por emprender unha expedición a Pula sen autorización do papa, e por non cumprir o que lle prometera a este cando o coroou, o que suscitou revoltas contra el en Alemaña. Mantivo diferenzas co Rei Filipe II de Francia, que o derrotou na Batalla de Bouvines (1214).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Roma (69). Amigo de Nerón, tomou a súa muller Popea e aquel enviouno a Lusitania. Ao rebelarse Galba (68), fíxose proclamar emperador, mais o seu rival, o Emperador Vitelio, derrotouno e ante a falta de apoios, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Rambsbury (937) e arcebispo de Canterbury (942). Foi conselleiro na corte inglesa, onde reformou estritamente os costumes eclesiásticos. A súa festividade celébrase o 4 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos odonatos.
-
Insecto da orde dos odonatos.
-
Orde de insectos e artrópodos que inclúe especies de tamaño mediano ou grande (5-12 cm de envergadura), coa cabeza ensanchada polo gran desenvolvemento dos ollos compostos. Habitan preto da auga estancada aínda que tamén poden afastarse dela, sobre todo as femias, onde practican unha continua cazaría doutros insectos. Algunhas especies son gregarias e fan migracións. Constitúen un dos grupos máis arcaicos de insectos, porque se coñecen fósiles do Carbonífero.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos emperadores chamados Odón.
-
Arte desenvolvida durante o reinado dos emperadores Odón. Baseouse nos modelos carolinxios e estivo moi influída pola personalidade de Odón III. O seu desenvolvemento estendeuse durante gran parte do s XI. O seu estilo ten puntos de contacto co románico: o grosor dos muros permite a utilización no exterior dos arcos cegos, a alternancia de piares e columnas no interior e o uso de galerías. Destacan as igrexas de Reichenau, Sinkt Peter de Wimpfen e Sinkt Cyriakus de Gernrode. A escultura identifícase coa arte áulica da tradición romana, e abundan as figuras maxestáticas da Virxe e os relicarios, así como a decoración con metais repuxados e fundidos como as portas da catedral de Hildesheim. Os centros principais na produción de manuscritos foron Reichenau e Tréveris.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dente’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor dos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á odontalxia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
odont(e/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas anuais, hemiparasitas, da familia das escrofulariáceas, que presentan os talos pubescentes, as follas opostas e estreitas, e as flores con cálice con cinco lobos e coa corola bilabiada e dispostas en acios terminais. En Galicia estan presentes as especies O. tenuifolius e O. vernus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
odont(e/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das células da polpa dental que orixinan a dentina e que emiten unhas prolongacións, denominadas fibras de Tomes, que penetran dentro dos canalículos desta.
-
-
Relativo ou pertencente aos odontocetos.
-
Mamífero da suborde dos odontocetos.
-
Suborde de mamíferos, da orde dos cetáceos, que se caracterizan, en oposición aos misticetos, pola posesión de dentes nos adultos e pola presenza dun só espiráculo. Inclúense neste grupo os golfiños, a candorca, as toniñas, o narval, o cachalote e as baleas con peteiro.
-